II - FORMACIÓN UNIVERSITARIA
2.1. FORMACIÓN UNIVERSITARIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO
18

CICLOS.- Os ciclos son cada un dos bloques nos que se estructura o plan de estudios. Segundo a súa estructuración en ciclos, as ensinanzas universitarias conducentes á obtención dos títulos oficiais poden ser:

Ensinanzas de 1º ciclo ou de ciclo curto: A súa duración é de 3 anos académicos e constan dun mínimo de 180 créditos. Permite a obtención do título de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Pódese acceder a información sobre as ensinanzas de 1º ciclo impartidas na Universidade de Vigo no enlace http://www.uvigo.es/estudios/index.gl.htm

Ensinanzas de 1º e 2º ciclo ou de ciclo longo: Estructúranse en dous ciclos, cunha duración mínima cada ciclo de dous anos, polo que a duración total é de 4 ou 5 anos e constan dun mínimo de 300 créditos. A súa superación conduce á obtención do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

Para consultar as ensinanzas de 2º ciclo impartidas na Universidade de Vigo pódese acceder a páxina web: http://www.uvigo.es/estudios/index.gl.htm

Ensinanzas de só 2º ciclo: A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación que capacite para o acceso, que pode ser unha titulación de 1º ciclo ou o 1º ciclo dunha titulación de ciclo longo sempre que así esté recoñecido ese acceso.

O mesmo que para consultar os estudios de 1º e 2º ciclo para acceder a máis información sobre as ensinanzas de só 2º ciclo impartidas na Universidade de Vigo, pódese acceder a http://www.uvigo.es/estudios/index.gl.htm

Ensinanzas de 3º ciclo ou doutoramento: Teñen como finalidade a especialización do estudiante na súa formación investigadora dentro dun ámbito do coñecemento científico, técnico, humanístico e artístico.Constan de dúas etapas:

a)Etapa de formación, que comprende alomenos dous anos e trinta e dous créditos, na que se realizan os cursos, seminarios e traballos de investigación tutelados dentro dun programa de doutoramento, e que remata coa valoración dos coñecementos adquiridos por un tribunal único para o programa cursado. A etapa de formación divídese, pola súa banda, en dous períodos: o período de docencia e o período de investigación

b)A etapa de tese que ten por obxecto a elaboración, defensa e aprobación dun traballo orixinal de investigación denominado tese de doutoramento, que deberá ser dirixida por un investigador e será xulgada por un tribunal nun acto público, no que o alumno terá que presentala e defendela.

A etapa de formación culmina coa obtención do “Diploma de Estudios Avanzados”, un título oficial que acredita a suficiencia investigadora e o labor realizado nunha determinada área de coñecemento.

Trala etapa de doutoramento e a aprobación da tese, expídese o título de doutor, tamén de carácter oficial.

Poden acceder ós estudios de terceiro ciclo as persoas que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente por unha universidade española, ou ben en certas condicións dun título obtido no estranxeiro, logo de súa homologación e declaración de equivalencia.

Pódese consultar a oferta de estudios de terceiro ciclo na Universidade de Vigo na seguinte páxina web: http://webs.uvigo.es/3ociclo/index.gl.htm