¿Quen somos?
¿Que facemos?
¿Con quen?
¿Para quen?
Socios EURES
Galicia/Norte Portugal
España e Portugal
Europa

EURES (European Employment Services) é unha rede creada pola Comisión Europea, con representantes en todos e cada un dos Estados membros, o obxecto da cal é a prestación de servicios de información e asesoramento destinados ós traballadores e ós empresarios, sobre o mercado de traballo no espacio económico europeo.

Dentro da Rede EURES atópase o servicio EURES Transfronteirizo que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios.

Ata o momento existen en toda Europa 21 EURES Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de NORTE PORTUGAL-GALICIA por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza. Este servicio ten a súa oficina central na vila de Valença (Portugal).

Internet website europeo: http://europa.eu.int/eures/

Copyright © 2000, EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia
Reservados tódolos dereitos