Reunión Grupo de Traballo: Fiscalidade Transfronteiriza Galicia-Portugal – 2 de setembro de 2019

Comunidade Intermunicipal do Alto Minho

Av. Miguel Dantas nº 69

4930-678 VALENÇA

Programa de Traballo

10:00h (hora local Portugal) Recepción dos participantes Presentación dos obxectivos do grupo de traballo

10:10h Análise de obstáculos á mobilidade en materia de Tributación: Cada vez son máis as empresas e particulares que realizan actividades en diversos países. Nos últimos anos os membros da UE incrementaron a súa colaboración para garantir a equidade dos sistemas impositivos e facer fronte aos problemas de elusión e evasión fiscal. A coexistencia de distintos sistemas fiscais aínda dificulta as operacións transfronteirizas das empresas e os particulares. Os países membros vense na necesidade de colaborar estreitamente establecendo acordos para simplificar determinadas normas fiscais e eliminar ineficiências. Os impostos sobre as persoas físicas (como o IRPF ou o IRS) son principalmente competencia dos Estados membro da UE. Con todo, poden constituír un obstáculo á mobilidade en Europa. As persoas que se desprazan dun país a outro dentro da UE, poden estar suxeitas a tributación en máis dun país, así como a outras obrigacións complexas de difícil cumprimento. A diferenza da situación en materia de seguridade social, non existe unha regulación supranacional da lexislación fiscal a nivel da UE ou do EEE. A coordinación dos impostos trátase en varios centos de acordos bilaterais de tributación entre os Estados membro. Entre a maioría dos países da UE existen convenios que eliminan, supostamente, a dobre imposición. Con todo, eses acordos non sempre contemplan todas as situacións transfronteirizas, nin se aplican de maneira eficaz na práctica.

Análise e debate

1. Caracterización de traballador transfronteirizo/fronteirizo desde a perspectiva fiscal

2. A Residencia Fiscal (en España/en Portugal): Definición e certificación polo organismo competente. Cambio de residencia fiscal

3. Tributación do traballador transfronteirizo por conta allea

4. Tributación do traballador autónomo transfronteirizo