¿Cales son os niveis do persoal funcionario?
Os corpos de funcionarios agrúpanse segundo o nivel de titulación esixida para o seu ingreso:
- Grupo A: título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.
- Grupo B: título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario de primeiro ciclo, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.
- Grupo C: título de bacharelato (bup), formación profesional de segundo grao ou equivalente.
- Grupo D: título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.
- Grupo E: certificado de escolaridade (estudos de oito anos).
Dentro de cada corpo existen dúas categorías (agás no grupo E):
1. Corpos xerais
2. Corpos especiais
Poñendo un exemplo, encontrariamos que:
|
Corpo Xeral |
Corpo Especial
|
Grupo A |
Corpo superior |
persoal biólogo, avogado, etc.
|
Grupo B |
Corpo de xestión |
enfermería, traballo social, etc.
|
Grupo C |
Persoal administrativo |
persoal técnico especialista ou axudante técnico
|
Grupo D |
Persoal auxiliar administrativo |
bombeiro/a, axente rural, policía, etc.
|
Grupo E |
Persoal subalterno
|
|
|