I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.1 - Acesso ó Mercado Laboral
12

1.1.2. Emprego na Administración Privada
1.1.2.A. Servizo Público de Emprego de Galicia

¿Cal é o servizo público de emprego de Galicia?
É o SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN. Este servizo é unha marca propiedade da Xunta de Galicia, baixo a cal esta desenvolve as funcións de mediación entre oferta e demanda de emprego que lle corresponden como servizo público de emprego. Organicamente correspóndese coa Subdirección Xeral de Colocación da Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Aínda que a súa función principal é a mediación laboral, leva a cabo actuacións complementarias como:
– accións de orientación laboral
– observatorio ocupacional; estatísticas