1.1.2. Emprego na Administración Privada
1.1.2.A. Servizo Público de Emprego de Galicia
Orientación Laboral
Obxectivos :
Orientar e informar a quen demanda emprego sobre o seu perfil profesional e axudar a mellorar a súa empregabilidade.
Actualizar e activar o currículo de cada demandante. Optimizar a oferta formativa existente.
Compatibilizar a demanda do individuo coa oferta existente.
Ofrecer un sistema áxil de información que lles permita ós usuarios coñecer o seu nivel de cualificación e potencial laboral.
Tipos de accións:
Entrevista pormenorizada
Itinerario de inserción laboral
Información profesional
Busca activa de emprego
Entidades colaboradoras
Ademais das cincuenta e unha oficinas de emprego da Consellería, máis de douscentos orientadores profesionais desenvolven as accións de orientación en entidades colaboradoras que son seleccionadas a través dunha orde anual de convocatoria publicada no DOG.
Forma de acceso:
Á acción de orientación profesional para demandantes de emprego accédese por medio do seu centro titor do Servicio Galego de Colocación ou de calquera oficina de emprego.
|