SEGURIDADE SOCIAL

ESPAÑA

2.1.2. PRESTACIONS SOCIAIS NAS SITUACIONS DE MATERNIDADE E ADOPCION

SUPOSTO PRACTICO 1
Dona xxx é unha traballadora fronteiriza portuguesa que presta os seus servicios por conta allea nunha empresa española radicada en Vigo pero ten a súa residencia habitual en Portugal. Actualmente está embarazada.

SUPOSTO PRACTICO 2
Dona xxx é unha traballadora española que presta os seus servicios para unha empresa española con sede en Galicia. Esta traballadora vive en Vigo.
A empresa que a contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar a súa traballadora a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, conservando o vínculo laboral coa empresa española. Non obstante, a traballadora mantén a súa residencia en Galicia.
A traballadora está embarazada.

CUESTIONS

a) En que país e a que organismo pagará a traballadora as súas contribucións á Seguridade Social.

    En España.

    Esta traballadora ten que cotizar ó Réxime Xeral da Seguridade Social española na medida en que presta servicios para unha empresa sita en España.

    Precisamente o Regulamento CEE n.º 1408/71 no seu artigo 13.2.a. establece como regra xeral que o traballador por conta allea quedará sometido á lei do país onde traballa.

    E obriga do empresario afiliar e dar de alta á traballadora no Réxime Xeral a través da Tesorería Xeral da Seguridade Social española antes de que empece a presar servicios na empresa.

    Asimesmo, o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social é a empresa (tanto con respecto ás cotas que debe abona-lo empresario como ás cotas que lle corresponden á traballadora).

b) Asistencia sanitaria anterior ó parto. Trámites.

Fundamentación xurídica: Artigo 18 e ss do Regulamento CEE n.º 1408/71 e artigo 17 e ss do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.

A traballadora fronteiriza poderá obte-la asistencia sanitaria tanto en España (país onde traballa) como en Portugal (país de residencia).

En ámbolos dous países a través dos médicos do Servicio Público de Saúde (en Galicia as competencias corresponden ó SERGAS — Servicio Galego de Saúde -).

No suposto de que a traballadora non presente este certificado, entón o organismo portugués dirixirase ás autoridades españolas para obtelo a través do modelo E-107.

Entendemos que en Portugal se lle debería asignar un médico de cabeceira para tódalas consultas que necesitase facer.

Finalmente, cómpre indicar que as condicións e amplitude da asistencia sanitaria que a traballadora poida recibir en Portugal, será de acordo co que dispoña a lexislación do seu país de residencia, de tal maneira que se, por exemplo, os medicamentos son máis caros en Portugal, a institución española non ten a obriga de reembolsa-la diferencia do gasto.

c) Asistencia sanitaria no momento do parto. Trámites.

    Aplícase a mesma resposta da anterior pregunta.

d) Tramitación da baixa por maternidade.

    A baixa pode ser tramitada, ben por un médico español ou ben por un médico portugués, segundo onde xurda a necesidade.

e) Prestacións económicas durante o periodo de descanso.

Con referencia ó contido da prestación económica á que a traballadora tería dereito remitímonos ó disposto na parte teórica, lembrando eiquí os seguintes aspectos:

A estes efectos se a traballadora prestou servicios noutro estado europeo, o INSS tería en conta as cotización efectuadas nel para computa-lo periodo de cotización que se esixe na lei española. O formulario a utilizar sería o E-104.

¿Onde solicitaría a prestación económica?

ou ben

A traballadora tamén ten que adxunta-lo certificado da empresa onde presta servicios no que consten as cotizacións.

A concesión da prestación por parte do organismo español notificarase mediante o formulario E-117.

No suposto de que sexa un médico portugués o que tramite o parte de alta da traballadora, a notificación da terminación de incapacidade realizarase a través do modelo E-118.

En cambio, se é un médico español o que expide o parte de alta, entón utilízase a modelaxe común segundo a normativa española.

O INSS pagará a prestación a través dos medios adecuados, principalmente por xiro postal ou mediante cheque e así o comunicará ó organismo portugués e á persoa interesada. Non obstante, na práctica o máis eficaz é que a traballadora teña unha conta aberta nunha entidade bancaria sita en España, e que de a orden de transferencia a unha entidade portuguesa sita no seu lugar de residencia.

SUPOSTO PRACTICO 2

Dona xxx é unha traballadora española que presta os seus servicios para unha empresa española con sede en Galicia. Esta traballadora vive en Vigo.

A empresa que a contratou ten unha filial/sucursal en Portugal e decide desprazar a súa traballadora a Portugal para que preste servicios durante tres meses na empresa portuguesa, conservando o vínculo laboral coa empresa española. Non obstante, a traballadora mantén a súa residencia en Galicia.

A traballadora está embarazada.

CUESTIONS

a) En que país y a que organismo pagará a traballadora as súas contribucións á Seguridade Social.

    En España.

    Segundo o disposto no artigo 14 do Regulamento CEE n.º1408/71 o traballador que exerza unha actividade no territorio dun dos Estados comunitarios por conta allea ó servicio dunha empresa para a que traballe normalmente, e que sexa destacado no territorio doutro Estado co fin de efectuar alí un traballo por conta da empresa, quedará suxeito á lexislación da Seguridade Social do primeiro Estado sempre que:

    - O traballo a realizar no país de destacamento non exceda de 12 meses. Este período pode ser ampliado ata 12 meses máis previa conformidade da autoridade competente do Estado membro no que esté destacado.

    - O traballador por conta allea non sexa enviado en substitución doutra persoa que teña chegado ó remate do período polo que foi destacado.

    En consecuencia, a nosa traballadora seguirá cotizando no Réxime Xeral da Seguridade Social española, aínda que esté prestando servicios nunha empresa portuguesa.

    A tal efecto, o organismo español, isto é, a Dirección Provincial do INSS deberá cumplimenta-lo formulario E-101 (certificado relativo á lexislación aplicable) e entregarllo á traballadora, quen deberá conservalo durante a súa estancia en Portugal.

b) Asistencia sanitaria anterior ó parto. Trámites.

Fundamentación xurídica: Aplicación do artigo 22 e 22 ter do R/1408

No caso de que a traballadora non o solicitara o organismo portugués deberá solicitalo ó INSS.

Os gastos da asistencia sanitaria prestada en Portugal correrán a cargo do organismo español.

c) Asistencia sanitaria no momento do parto. Trámites.

    A mesma resposta da anterior pregunta.

d) Tramitación da baixa por maternidade.

    A baixa pode ser tramitada, ben por un médico español ou ben por un médico portugués, segundo onde xurda a necesidade.

e) Prestacións económicas durante o periodo de descanso.

Con referencia ó contido da prestación económica á que a traballadora tería dereito remitímonos ó disposto na parte teórica, lembrando eiquí os seguintes aspectos:

A estes efectos se a traballadora prestou servicios noutro estado europeo, o INSS tería en conta as cotización efectuadas nel para computa-lo periodo de cotización que se esixe na lei española. O formulario a utilizar sería o E-104.

¿Onde solicitaría a prestación económica?

ou ben

A traballadora tamén ten que adxunta-lo certificado da empresa onde presta servicios no que consten as cotizacións.

A concesión da prestación por parte do organismo español notificarase mediante o formulario E-117.

No suposto de que sexa un médico portugués o que tramite o parte de alta da traballadora, a notificación da terminación de incapacidade realizarase a través do modelo E-118.

En cambio, se é un médico español o que expide o parte de alta, entón utilízase a modelaxe común segundo a normativa española.

Se a nosa interesado segue en Portugal durante a súa incapacidade, o INSS pagará a prestación a través dos medios adecuados, principalmente por xiro postal ou mediante cheque e así o comunicará ó organismo portugués e á persoa interesada. Non obstante, na práctica o máis eficaz é que a traballadora teña unha conta aberta nunha entidade bancaria sita en España, e que de a orden de transferencia a unha entidade portuguesa sita no seu lugar de estancia.

Evidentemente, pagarase a prestación en España se a traballadora está no seu lugar de residencia (Galicia) durante a baixa.