![]() |
![]() |
|
SEGURIDADE SOCIAL
ESPAÑA
2.1.8 PRESTACIONS POR DESEMPREGO
SUBSIDIO DE DESEMPREGO
Na lexislación española ademáis da prestación por desemprego existe o subsidio de desemprego ó que teñen dereito os traballadores sempre que se atopen nunha situación determinada, con uns ingresos determinados e cunhas cargas familiares que determina a lei.
En función diso imos resolve-los dous seguintes casos:
SUPOSTO PRACTICO 4
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa portuguesa situada en Portugal. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total pero non ten dereito á prestación por non ter cuberto o periodo mínimo de cotización esixido na lei española.
SUPOSTO PRACTICO 5

Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.
Percibiu a prestación de desemprego e agora se lle terminou o periodo de disfrute da mesma.

CUESTIONS
a) ¿Ten dereito ó subsidio por desemprego?
Si, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos no seguinte apartado.
b) Se a respuosta é afirmativa, especificar cales son os requisitos que ten que cumprir e cal é a cuantía á que tería dereito.
Fundamentación xurídica: Artigo 215 e ss do Texto Refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social.
O noso traballador terá dereito ó subsidio de desemprego sempre e cando cumpra os seguintes requisitos:
Ou
ter cotizados, polo menos, 6 meses ainda que non teña responsabilidades familiares.
A cuantía do subsidio é do 75% do SMI vixente, excluidas as pagas extras.
Con respecto á duración do subsidio cómpre distinguir as dúas seguintes situacións:
PERIODO COTIZADO
|
DURACION DO SUBSIDIO
|
|
|
|
|
|
|
|
|
c) Onde debe solicita-lo subsidio e quen se llo abona
A solicitude deberá presentarse ante o INEM, entidade xestora que se responsabiliza do pago, a través do modelo oficial de solicitude de subsidio de desemprego (ver anexo 38), xunto co formulario PR123 sobre declaración de rendas (ver anexo 39)
SUPOSTO PRACTICO 5
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa portuguesa situada en Portugal. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social portuguesa.
Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.
Percibiu a prestación de desemprego e agora se lle terminou o periodo de disfrute da mesma.
CUESTIONS
a) ¿Ten dereito ó subsidio por desemprego?
Si, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos no seguinte apartado.
b) Se a respuosta é afirmativa, especificar cales son os requisitos que ten que cumprir e cal é a cuantía á que tería dereito.
Fundamentación xurídica: Artigo 215 e ss do Texto Refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social.
O noso traballador terá dereito ó subsidio de desemprego sempre e cando cumpra os seguintes requisitos:
A cuantía do subsidio é do 75% do SMI vixente, excluidas as pagas extras.
Con respecto á duración do mesmo, hai que diferenciar dous supostos:
1- Haber esgotado a prestación por desemprego e ter responsabilidades familiares.
A duración do subsidio será de 6 meses, prorrogables por periodos semestrales ata 18 meses.
O subsidio será novamente prorrogable, de acordo coa idade do traballador na data de extinción da prestación por desemprego segundo as seguintes regras:
2- Haber esgotado un dereito á prestación de, polo menos 12 meses, carecer de responsabilidades familiares e ser maior de 45 anos na data de extinción do dereito.
A duración será de 6 meses.
c) Onde debe solicita-lo subsidio e quen se llo abona
A solicitude deberá presentarse ante o INEM, entidade xestora que se responsabiliza do pago, a través do modelo oficial de solicitude de subsidio de desemprego, xunto co formulario PR123 sobre declaración de rendas.