![]() |
![]() |
SEGURIDADE SOCIAL
PORTUGAL
2.1.5 XUBILACIÓN
CASO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirixo español que reside en Galicia coa súa familia e exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está inscrito na Seguridade Social portuguesa.
CASO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença, onde reside coa súa familia.
Entretanto, a entidade patronal decide destacalo para a súa sucursal española, localizada en Vigo, para prestar servicios nela durante un prazo de 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo con aquela.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social portuguesa durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17º do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en Portugal, regresando a ela tódolos venres, e retornando a Vigo tódolos luns.
Durante o seu destacamento en España, Don xxx alcanza a idade de 65 anos.
Don xxx traballou sempre na empresa portuguesa, com excepción dun periodo de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.

CUESTIONS
Supoñendo que Don xxx alcanza a idade de 65 anos o próximo mes, plantéxanse as seguintes cuestións:
Nota: Para dar solución ás seguintes respostas, imos considerar que o noso traballador sempre cotizou á Seguridade Social portuguesa.
a) ¿Don xxx está en situación de solicita-la pensión de xubilación cando cumpra os 65 anos?
Don xxx está en situación de solicita-la pensión de xubilación ós 65 anos de acordo coa lexislación portuguesa.
Non obstante, ten que ter efectuados descontos para a Seguridade Social durante, polo menos, 15 anos civís, seguidos ou salteados, con rexistro de remuneracións, para calquer sistema de Seguridade Social, portugués ou extranxeiro.
Para cumpli-lo prazo de garantía, teranse en conta os anos civís que teñan un número de días con rexistro de remuneracións igual ou superior a 120.
Cando sexa necesario, pódese recurrir á suma dos días relativos a anos con número inferior a 120, dándose como cumprido un ano civil por cada grupo de 120 días.
b) ¿A que organismo da Seguridade Social se lle debe solicita-la pensión, á portuguesa ou á española?
Ou
c) ¿Cales son os documentos necesarios para solicita-la pensión de xubilación?
Deberá ser utilizado o modelo propio, debendo o organismo español comunica-la solicitude de pensión ós organismos da Seguridade Social doutros Estados membros ós que o traballador estivera suxeito (Portugal).
Portugal comunicará a decisión do recoñecemento da pensión de xubilación a través do formulario E-210 (anexo 25).
Se a solicitude foi presentada en Portugal, deberá utilizarse o modelo aprobado, xunto cos seguintes documentos:
O valor mensual da pensión pensión reglamentaria é igual á suma da pensión estatutaria coas actualizacións periódicas e os incrementos de actividade acumulados.
A remuneración de referencia a efectos de cálculo da pensión de xubilación é definida pola fórmula R/140, na que R representa o total das remuneracións dos 10 anos civís a que correspondan as remuneracións máis elevadas, comprendidos nos últimos 15 anos con rexisto das mesmas e actualizadas mediante Portaria. A pensión estatutaria resultante daquela fórmula é igual ó 2% da remuneración media polo número de anos con rexistro de remuneracións.
CASO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença, onde reside coa súa familia.
Entretanto, a entidade patronal decide destacalo para a súa sucursal española, localizada en Vigo, para prestar servicios nela durante un prazo de 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo con aquela.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social portuguesa durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17º do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en Portugal, regresando a ela tódolos venres, e retornando a Vigo tódolos luns.
Durante o seu destacamento en España, Don xxx alcanza a idade de 65 anos.
Don xxx traballou sempre na empresa portuguesa, com excepción dun periodo de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.
CUESTIONS:
Como nota introductoria, debemos primeiramente sinalar que este traballador durante o seu destacamento en España efectuou cotizacións para a seguridade social portuguesa.
Supoñendo que Don xxx alcanza a idade de 65 anos o próximo mes, plantéxanse as seguintes cuestións:
a) ¿As cotizacións efectuadas para a Seguridade Social do Estado onde exerceu a súa actividade profesional durante os 6 anos referidos entran no cómputo do periodo contributivo para verificar se se cumpre o prazo de cotización necesario para o acesso á pensión de xubilación?
Si.
A resposta é afirmativa en virtude do disposto no artículo 45 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Na medida en que a lexislación portuguesa condiciona o dereito á pensión de xubilación ó feito de que se cumpra un determinado periodo de garantía, sempre que sexa necesario, a institución competente terá en conta eses 6 anos cotizados noutro país da Comunidade considerándoos como se se cumpriran en territorio portugués, mediante a presentación do formulario E-205 (anexo 26).
b) ¿A que organismo da Seguridade Social deberá Don xxx acudir para solicita-la pensión de xubilación; pode solicitar a ese organismo un cálculo das prestacións ás que ten dereito?
Segundo o artigo 36.1 do Regulamento de aplicación, o Don xxx deberá dirixi-la súa solicitude de pensión de xubilación ó organismo español, isto é, ó Centro Rexional da Seguridade Social, nun modelo específico nacional (anexo 24), xunto cos seguintes documentos:
Unha vez recibido o requeremento, e posteriormente, o Centro Nacional de Pensións procederá ó cálculo da pensión a que o beneficiario ten dereito, de acordo coa lexislación portuguesa aplicable e tendo en conta os períodos contributivos efectuados en Portugal.
Por outro lado, o organismo portugués deberá comunicar ós organismos dos outros países ós que o traballador estivo suxeito, no sentido de efectuar as correspondentes liquidacións.
As decisións dos outros países serán comunicadas a través do formulario E-211 (anexo 28).
A prestación efectiva será determinada da seguinte forma, podendo estar ante dúas situacións:
O Centro Nacional de Pensións calculará a cuantía da prestación debida, tendo en conta unicamente os rexistros de remuneracións efectuados en Portugal;
O Centro Nacional de Pensións calculará a cuantía da prestación debida, tendo en conta tódolos períodos de seguro, como se fosen cumpridos no estado competente.