II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
3. HOMOLOGACIÓNS DE TITULACIÓNS ESTRANXEIRAS DE NIVEL SUPERIOR ÁS CORRESPONDENTES TITULACIÓNS PORTUGUESAS

c) Doutor

A concesión de homologación ao grao de doutor polas universidades portuguesas poderá ser decretada aos graos de natureza idéntica conferidos en universidades estranxeiras. A homologación requirida versará sobre unha dada rama de coñecemento ou especialidade en particular e, nesta liña, aquela será concedida pola universidade da Escola ou Facultade onde fose obtido o grao de doutor na especialidade e rama en cuestión.

A petición de homologación deberá ser formulada ao rector da universidade a través da presentación dunha instancia (modelo n.º 524 no anexo), debendo esta referir imperativamente o grao estranxeiro ao cal concerne a homologación, centro de ensino que concedeu o grao e rama do coñecemento e especialidade en que é requirida a mesma.

Os documentos que deberán ser anexados á solicitude son os seguintes:

  • · Diploma confirmando a titularidade do grao de licenciado conferido por universidades portuguesas, ou de equivalente legal a este grao (*);
  • · Diploma atestando a titularidade do grao sobre o cal é requirida a homologación;
  • · Documento comprobativo, emitido pola universidade estranxeira que conferiu o grao, das disciplinas que aprobou o solicitante e que redundaron na obtención do grao do que é solicitada a homologación;
  • · Dúas copias da disertación e de outros traballos que foran elaborados no ámbito da concesión do grao obxecto da solicitude de homologación;
  • · Dous exemplares do curriculum vitae do solicitante ata o momento da obtención do grao do que é requirida a homologación.

Unha vez instruído o proceso, o rectorado terá que remitilo, nos 15 días seguintes, ao consello científico da Escola ou Facultade ao abrigo do criterio da especialidade e rama do coñecemento. A deliberación será proferida por un tribunal, constituído para o efecto, que disporá de 60 días, posteriormente á publicación do seu nomeamento no Diário da República, para pronunciarse sobre a concesión ou denegación da homologación.

(*) Nota: Aqueles que non posúan unha licenciatura conferida polas universidades portuguesas ou equivalente legal e que adquiriran, no estranxeiro, as titulacións académicas esixidas para a admisión nos cursos e probas para a concesión do grao de que solicitan a homologación (ao grao de mestre ou de doutor) encóntranse dispensados da homologación previa ao grao de licenciado. Sen embargo, esta dispensa de homologación previa á licenciatura, así como a eventual concesión da homologación ao grao de mestre ou doutor non implican o recoñecemento, expreso ou tácito, da homologación ao grao de licenciado.