II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
3. HOMOLOGACIÓNS DE TITULACIÓNS ESTRANXEIRAS DE NIVEL SUPERIOR ÁS CORRESPONDENTES TITULACIÓNS PORTUGUESAS

b) Mestre

Son obxecto de solicitude de homologación ao grao de mestre conferido polas universidades portuguesas, todos os graos de natureza idéntica a aqueles adquiridos en universidades estranxeiras. A respectiva homologación fará referencia a unha especialidade en particular e, neste sentido, aquela será concedida pola universidade da Escola ou Facultade onde fose obtido o grao de mestre na especialidade en cuestión.
A solicitude de homologación deberá ser enviada ao rector da universidade mediante a presentación dunha instancia (modelo n.º 525 no anexo), debendo esta facer alusión obrigatoria ao grao estranxeiro que serve de base á petición de homologación, ao centro de ensino que conferiu o grao, e á especialidade na cal é solicitada.

Os documentos que deberán ser anexados á solicitude son os seguintes:

  • · Certificado confirmando a titularidade do grao de licenciado conferido por universidades portuguesas, ou de equivalente legal a este grao (*);
  • · Certificado atestando a titularidade do grao sobre o cal é requirida a homologación;
  • · Documento comprobativo, emitido pola universidade estranxeira que conferiu o grao, das materias que superou o solicitante e que redundaron na obtención do grao do que é solicitada a homologación;
  • · Dúas copias da disertación e de outros traballos que foran elaborados no ámbito da concesión do grao obxecto da solicitude de homologación;
  • · Regulamento onde consten os requisitos de admisión e obtención do grao estranxeiro do cal é pedida a homologación, por ocasión da concesión do referido grao.

Unha vez completa a formalización do proceso, este será enviado polo rectorado da universidade, nos 15 días inmediatos, á atención do consello científico da Escola ou Facultade atendendo ao criterio da especialidade. Para proferir a deliberación será constituído un tribunal que disporá de 60 días, posteriormente á publicación do seu nomeamento no Diário da República, para proceder á concesión ou denegación da homologación.