II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
3. HOMOLOGACIÓNS DE TITULACIÓNS ESTRANXEIRAS DE NIVEL SUPERIOR ÁS CORRESPONDENTES TITULACIÓNS PORTUGUESAS

a) Licenciado, Bacharel e cursos de Ensino Superior non conferidores de grao:

A referida homologación poderá ser obtida en centros de Ensino Superior portugueses onde os graos e diplomas sexan de natureza idéntica a aqueles adquiridos en centros de Ensino Superior estranxeiros. Para lograr ese obxectivo, e de acordo co Decreto-Lei n.º 283/93, o cidadán interesado deberá solicitar a homologación ao Consello Científico da Escola ou Facultade do centro de Ensino Superior onde sexan concedidos graos e diplomas de natureza idéntica a aqueles por si obtidos no centro de Ensino Superior estranxeiro.

Para formalizar o proceso, o cal se realiza totalmente na Escola ou Facultade encargadas de impartir o respectivo curso, o solicitante da homologación deberá enviar unha instancia (modelo n.º 526 no anexo) ao presidente do Consello Científico, mencionando naquela o grao ou título estranxeiro sobre o cal é requirida a homologación e o centro de Ensino Superior onde foi obtido, así como o grao ou título portugués ao que corresponde a petición de homologación.

Os documentos que deberán ser anexados á solicitude son os seguintes:

  • · Diploma atestando a titularidade do grao ou título estranxeiro do que é solicitada a homologación;
  • · Documento comprobativo (emitido polo centro de Ensino Superior estranxeiro) das materias nas que o solicitante obtivo aprobación, así como da duración dos estudios que levaron á obtención do grao ou título sobre o que é solicitada a homologación, acompañado da respectiva cualificación final ou cualificacións parciais;
  • · Na eventualidade da súa existencia, dous exemplares de cada disertación consagrada de forma autónoma no plano de estudios;
  • · O solicitante necesitará presentar elementos adicionais, se o Consello Científico entende que isto é relevante para proferir unha decisión.

A decisión do Consello Científico deberá ser publicada no prazo de 60 días.