II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
3. HOMOLOGACIÓNS DE TITULACIÓNS ESTRANXEIRAS DE NIVEL SUPERIOR ÁS CORRESPONDENTES TITULACIÓNS PORTUGUESAS

A concesión de homologacións neste dominio é da responsabilidade dos centros de Ensino Superior, que recepcionan todas as solicitudes, sendo as instancias centrais (Ministerio de Educación) informadas do proceso.
A concesión da homologación produce os efectos coincidentes aos da titularidade do grao ou diploma á cal foi concedida. Non obstante, para efectos profesionais, a concesión da homologación non libera ao titular da mesma do cumprimento de todos os outros requisitos que sexan esixidos polas autoridades competentes, para o desenvolvemento dunha actividade profesional.

Graos para os cales se solicita a homologación: