| II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais |
| A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros |
| 2. PROSEGUIMENTO DE ESTUDIOS NO ENSINO SUPERIOR (BACHARELATO, LICENCIATURA
)
Perante a evidencia dun estudiante que efectuou parte dos seus estudios superiores nun centro estranxeiro e que agora pretende ingresar nun centro de Ensino Superior portugués, existe unha serie de requisitos que teñen que ser cumpridos. Como condición necesaria, o estudiante en cuestión deberá ter permanecido polo menos durante dous anos lectivos no centro de Ensino Superior estranxeiro debendo, no decorrer dese período, ter cursado dous anos curriculares. Ademais diso, terá que ter efectuado, con aproveitamento, un 50% das materias incluídas no plano curricular de cada un dos anos en cuestión. Tales elementos terán que ser comprobados mediante a presentación de certificacións comprobativas destas realidades, ademais das cales deberá tamén presentar:
Enunciados os requisitos necesarios de encadramento neste contexto, o estudiante debe dirixirse aos Servicios Académicos do centro de Ensino Superior portugués onde pretende proseguir os seus estudios, enchendo o impreso apropiado para as circunstancias en concreto (Concursos Especiais de Acceso ao Ensino Superior) indicando o curso ao cal se candidata. Sen embargo, é importante sinalar que en cada curso é normalmente atribuída unha praza para este tipo de situacións, de modo que, confrontados con unha realidade de dúas ou máis solicitudes para a mesma praza, resérvaselle aos Servicios Académicos o dereito de optar polo estudiante que tivese efectuado o maior número de materias. Con posterioridade á deferencia da solicitude, o estudiante escollido para ocupar a respectiva praza deberá, nunha fase posterior, solicitar a homologación de disciplinas. A concesión ou denegación será da responsabilidade da Dirección de Curso.
|