| II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais |
| A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros |
| 1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR (BACHARELATO, LICENCIATURA
)
d) Satisfacer os requisitos previos, no caso de seren esixidos Os requisitos previos son condicións de natureza física, funcional ou vocacional que asumen particular relevancia para o acceso a determinados cursos do Ensino Superior. A fixación de requisitos previos nalgún dos seus cursos e o propio contido de cada un deles é da competencia de cada centro de Ensino Superior. Os requisitos previos poden, conforme á súa natureza, ser eliminatorios, destinarse á selección e clasifición ou só á clasificación dos candidatos (por exemplo, para cursos de Educación Física habería que pasar determinadas probas físicas con unha determinada cualificación en función de determinadas escalas). Para saber se a candidatura a un determinado curso dun centro dado de Ensino Superior está suxeito á satisfacción ou realización de requisitos previos debe consultarse o propio centro de Ensino Superior. Pode tamén ser consultado o mapa de correspondencias entre requisitos previos:
A inscrición para a realización dos requisitos previos decorre normalmente a mediados do mes de marzo nos centros de Ensino Superior e a avaliación dos requisitos previos acostuma a realizarse durante o mes de abril.
|