II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR (BACHARELATO, LICENCIATURA…)

c) Ter unha nota de candidatura igual ou superior á cualificación mínima fixada polo centro de Ensino Superior ó que se pretende concorrer

O ingreso en cada centro do Ensino Superior está suxeito a limitacións cuantitativas, decorrentes do número de prazas fixado anualmente. A concesión desas prazas realízase a través do denominado Concurso Nacional organizado pola Dirección-Xeral do Ensino Superior. Con todo, nalgúns cursos do Ensino Superior público, dadas as características específicas destes, as prazas son postas a concurso mediante concursos locais, organizados polos propios centros de ensino.

As prazas para cada concurso en cada centro de Ensino Superior son fixadas anualmente por decreto do Ministerio de Educación, baixo proposta das Institucións de Ensino Superior. Esta información é divulgada pola Dirección-Xeral do Ensino Superior con anterioridade ao inicio da candidatura.