II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR (BACHARELATO, LICENCIATURA…)

b) Ter realizado, no ano en que se queren iniciar os estudios, as Probas de Ingreso no Ensino Superior esixidas polo curso do centro de Ensino Superior escollido polo alumno

Xenericamente, non existe ningunha diferenciación entre os alumnos nacionais e os alumnos estranxeiros (españois). Todos os alumnos que queiran acceder ao Ensino Superior nun determinado ano lectivo deberán realizar, previamente, no mesmo ano civil en que se inicia o ano lectivo as denominadas Probas de Ingreso no Ensino Superior.

No actual sistema de acceso ao Ensino Superior non é necesario ter un determinado curso do Ensino Secundario (as opcións do COU en España) para concorrer a un determinado curso do Ensino Superior. Naturalmente, os estudiantes que pretendan ingresar no Ensino Superior deberían facer a escolla do curso en función do contido dos seus estudios no Ensino Secundario.

As Probas de Ingreso para o acceso a un curso nun determinado centro de Ensino Superior refírense ás disciplinas escollidas polos responsables do propio curso (mínimo unha e máximo dúas), as cales, xuntamente coas cualificacións finais do Ensino Secundario e en combinación con outros factores, permiten seleccionar e clasificar os candidatos ao ingreso nese curso. As Probas de Ingreso esixidas para cada curso de Ensino Superior en cada centro están indicadas polas seguintes guías:

  • · Guía das Probas de Ingreso (ano) - Ensino Público;
  • · Guía das Probas de Ingreso (ano) - Ensino Particular e Cooperativo e Concordatario.

Estas dúas guías están á venda nas Escolas de Ensino Secundario e nas librerías a partir do mes de xaneiro de cada ano (son a principal e máis completa fonte de información para os alumnos que pretendan ingresar no Ensino Superior).

Os estudiantes procedentes de Sistemas de Ensino Estranxeiro (español) deben inscribirse, para os exames correspondentes ás Probas de Ingreso, nunha Escola Secundaria Pública da súa escolla, nos mesmos prazos que os alumnos portugueses e realizar os exames nas mesmas datas e lugares, non existindo outra época especial de exames para eles.

As inscricións para as Probas de Ingreso realízanse nos seguintes prazos:

  • · Prazos de inscrición para a primeira convocatoria das probas (xuño/xullo):
    • Prazo Normal: normalmente é na segunda quincena de marzo;
    • Prazo Suplementar: normalmente é na primeira semana de abril.
  • · Prazos de inscrición para a segunda convocatoria das probas (Setembro):
    • Prazo Único: normalmente é na segunda quincena de xullo.

Os documentos a presentar, por calquera estudiante, no acto de inscrición para as Probas de Ingreso son os seguintes:

  • · Boletín de Inscrición, conforme modelo da Editorial do Ministerio de Educación;
  • · Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, e presentación do orixinal para verificación;
  • · Documento comprobativo do cumprimento das condicións de admisión a exame, se o estudiante non tivese proceso constituído no centro de ensino no cal se inscribe;
  • · Cartilla individual de saúde, se o estudiante non tivese proceso constituído no centro de ensino no cal se inscribe.

As Probas de Ingreso serán realizadas, por regra xeral, na Escola Secundaria na que o alumno se inscribiu para as mesmas, sen prexuízo do desprazamento cara a outro centro de ensino por razóns pedagóxicas ou loxísticas. As referidas probas acostuman realizarse nos seguintes períodos:

  • · Primeira convocatoria (xuño/xullo);
  • Primeira chamada: segunda quincena de xuño e primeira quincena de xullo;
  • Segunda chamada: a continuación da convocatoria de xuño.
  • · Segunda convocatoria: primeira quincena de setembro.

En relación ás Probas de Ingreso no Ensino Superior convén sinalar a existencia dunha excepción que afecta directamente ós alumnos con probas similares xa realizadas no estranxeiro. Ao abrigo do nº2 do artigo 20º do Decreto-Lei nº 296-A/98, de 25 de setembro, modificado polo Decreto-Lei nº 99/99, de 30 de marzo (regula o acceso ao Ensino Superior), cada centro de Ensino Superior pode, a través dos seus organismos, legal e estatutariamente competentes, decidir que os estudiantes titulares de determinados cursos non portugueses legalmente equivalentes ao Ensino Secundario portugués poidan presentar, en lugar das Probas de Ingreso, os exames finais de determinadas materias deses cursos (no caso español, notas de determinadas materias de COU e das Probas de Selectividade).

A Comisión Nacional de Acceso ao Ensino Superior divulgará, oportunamente, os centros de Ensino Superior que aplican o disposto no anterior parágrafo no primeiro trimestre de cada ano, mediante unha deliberación na que se anexan táboas co seguinte contido:

  • · Os pares centro/curso que informaron pretender aplicar o disposto no artigo nº2 do artigo 20º do Decreto-Lei nº 296-A/98, de 25 de setembro, para a candidatura á matrícula e inscrición no Ensino Superior no ano lectivo en cuestión;
  • · As condicións definidas para o efecto, nos termos do nº1 do artigo 2º do Regulamento aprobado pola Deliberación da Comisión Nacional de Acceso ao Ensino Superior, n.º 567/99 (2ª Serie), de 26 de agosto, nomeadamente:
  • · Os cursos de Ensino Secundario estranxeiros abranguidos;
  • · Os cursos de Ensino Superior portugués para o acceso dos cales se aplica o disposto no nº 2 do artigo 20º do Decreto-Lei nº 296-A/98;
  • · Os exames finais de materias do Ensino Secundario estranxeiro que substitúen os exames nacionais do Ensino Secundario portugués que se constitúen como Probas de Ingreso. Son considerados exames finais de materias no Ensino Secundario estranxeiro os exames finais do Ensino Secundario estranxeiro ou as probas esixidas para o ingreso no Ensino Superior dese país, sempre que se constitúan como exames de ámbito nacional (no caso español, as Probas de Selectividade);
  • · As cualificacións mínimas de acceso esixidas.

Para obter máis información a este respecto pode contactarse con:

  • Comissão Nacional de Acesso ao Ensino Superior (CNAES):
  • Av. Duque D’Ávila , 137
  • 1069-016 Lisboa
  • Teléfono: 21 3126000 / Fax: 21 3126001

Para obter información sobre o Ensino Secundario, o Ensino Superior e o acceso ao Ensino Superior pode dirixirse a:

  • Centro de Informação e Relações Públicas do Ministério de Educação
  • Av. 5 de Outubro, 197 r/c
  • 1069-081 Lisboa
  • Teléfono: 21 7935014
  • Fax: 21 7978020

Ou

  • Av. 24 de Julho, 134-C
  • 1350 Lisboa
  • Teléfono: 21 3977181
  • Fax: 21 3976242

Servicios de acceso ao Ensino Superior: existentes en todos os Centros de Área Educativa. Os máis próximos á zona fronteiriza son os seguintes:

C.A.E Braga

  • Rua Dom Pedro V, nº 1
  • 4710-374 Braga
  • Teléfono: 253 208915
  • Fax: 253 277664

C.A.E Viana do Castelo

  • Rua Manuel Fiúza Júnior – Edifício da Escola Secundária de Santa Maria Maior
  • 4900-458 Viana do Castelo
  • Teléfono: 258 809180
  • Fax: 258 825620

C.A.E. Porto

  • Rua Nova de São Crispim, 54
  • 4000 Porto
  • Teléfono: 22 5105738 / 22 5105785
  • Fax: 22 5105747

Departamento do Ensino Secundário

  • Av. 24 de Julho, 138-6º
  • 1399-026 Lisboa

Direcção-Geral do Ensino Superior – Direcção de Serviços de Acesso ao Ensino Superior

  • Av. Infante Santo, 2-1º
  • 1350-178 Lisboa

Para obter unha información moito máis completa sobre todas estas cuestións poden consultarse na Internet os seguintes enderezos:

www.desup.min-edu.pt

www.des.min-edu.pt

Para obter información sobre os cursos de Ensino Superior, os seus Planos de Estudios e os requisitos previos esixidos para o acceso a cada un deles, deberá dirixirse directamente aos centros de Ensino Superior ou consultar as súas páxinas na Internet.