III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Homologación de títulos estranxeiros ás correspondentes titulacións españolas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR

b) Ter aproveitamento nas Probas de Aptitude para o Acceso á Universidade (PAAU) para alumnos que teñan cursado o Ensino Secundario no estranxeiro

Estas probas poden ser realizadas na Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) ou na Universidade previamente escollida polo estudiante. Existen dúas convocatorias anuais, unha en xuño e outra en setembro.
Os estudiantes poden formalizar a súa matrícula e realizar as probas sen ter a resolución definitiva da homologación dos seus estudios secundarios, presentando o documento expedido polo Ministerio de Educación e Cultura comprobativo de estarse efectuando o proceso de homologación. Evidentemente, o resultado da proba está condicionado á presentación, por parte do alumno, da Orde de Validación (Homologación) definitiva. Os alumnos procedentes de Estados-membros da Unión Europea (Portugal) acceden nas mesmas condicións que os nacionais (españois).