| 1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR
a) Obter a homologación dos seus estudios de Ensino Secundario
O formulario, segundo o modelo oficial, pode presentarse no Ministerio de Educación e Cultura, nos departamentos de Educación localizados nas Subdelegacións do Goberno en cada provincia ou nas representacións diplomáticas ou consulares de España no Estranxeiro (art. 38 Lei 30/1992).
A homologación de titulacións estranxeiras do Ensino Secundario é unha condición previa para poder acceder ao Ensino Superior. Toda a documentación ten que ser presentada debidamente compulsada, ou por vía diplomática ou a través da Apostilla Haia, se se tratase dun país asinante do convenio da Haia e, no caso que corresponda, traducida oficialmente ao español. Cando se trate de estudiantes procedentes de Portugal, a compulsa da documentación non é necesaria dado que este Estado subscribiu as Directivas do Consello da Unión Europea sobre recoñecemento de títulos.
A documentación que debe acompañar o formulario (segundo modelo oficial) para a obtención da homologación dos estudios de Ensino Secundario é a seguinte:
- - Certificado conprobativo da nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do seu país. No caso dos cidadáns da Unión Europea (Portugal) é suficiente coa fotocopia do Bilhete de Identidade;
- - Título ou Diploma Oficial, e no seu caso, certificado oficial que comprobe a superación dos exames finais correspondentes;
- - Certificado comprobativo das disciplinas realizadas, no cal consten o nome das materias cursadas, as cualificacións obtidas e os anos académicos nos cales foron realizadas.
Todos os documentos expedidos en idioma estranxeiro, e polo tanto non oficial en España, deben ser acompañados de traducción respectiva ao español, a cal poderá ser realizada:
- - Por calquera Representación Diplomática ou Consular do Estado Español no estranxeiro;
- - Pola Representación Diplomática ou Consular en España do país de que é cidadán o solicitante ou, no seu caso, do de procedencia dos documentos;
- - Por un traductor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.
Toda a documentación pode ser presentada en calquera dos seguintes lugares:
- - Na Dirección Provincial de Educación e Cultura ou na Subdelegación do Goberno onde o cidadán ten ou vai ter a súa residencia habitual;
- - Nos rexistros do Ministerio de Educación e Cultura, localizados en Madrid (Calle Los Madrazos, 15-17; Paseo del Prado, 28; Calle Serrano, 150; Calle Torrelaguna, 58);
- - Nas representacións diplomáticas ou consulares de España no Estranxeiro (art. 38 Lei 30/1992 de Réxime Administrativo das Administracións Públicas e do Procedemento Común).
|