III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Homologación de títulos estranxeiros ás correspondentes titulacións españolas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR

Os alumnos con estudios secundarios realizados no estranxeiro (Portugal) que pretendan iniciar estudios universitarios en España deben:
a) Obter a homologación dos seus estudios de Ensino Secundario;
b) Ter aproveitamento nas Probas de Aptitude para o Acceso á Universidade (PAAU) para alumnos que teñan cursado o ensino secundario no estranxeiro;
c) Facer a Preinscrición se o centro universitario onde se quer matricular ten numerus clausus.