III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Homologación de títulos estranxeiros ás correspondentes titulacións españolas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
Considerando o ámbito das titulacións adquiridas en centros estranxeiros, sexan aquelas de nivel secundario ou superior, podemos encontrar o estudiante ou o profesional en tres momentos diferentes do seu percorrido:

1. Ingreso no Ensino Superior (Bacharelato, Licenciatura…);

2. Proseguimento de estudios no Ensino Superior (Bacharelato, Licenciatura…);

3. Homologación de titulacións estranxeiras de nivel superior ás correspondentes titulacións españolas.

Tendo en consideración a nomenclatura e o contido conceptual, en España, a terminoloxía pode facer referencia a calquera das seguintes situacións:

  • · Validación de estudios: trátase do recoñecemento de estudios parciais, aínda non concluídos, cursados nun país diferente de España;
  • · Homologación de títulos: trátase da equivalencia de títulos ou graos académicos;
  • · Equivalencia de títulos: É o presuposto académico de toda validación e homologación.