| III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais |
| A - Homologación de títulos estranxeiros ás correspondentes titulacións españolas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros |
| 2. PROSEGUIMENTO DE ESTUDIOS NO ENSINO SUPERIOR
O Sistema Universitario Español permite aos alumnos continuar estudios iniciados noutras universidades ou centros de Ensino Superior estranxeiros. Corresponde ao Rector da Universidade en cuestión a resolución dos expedientes de validación, atendendo á información da Comisión de Validación do centro onde se pretendan continuar os estudios. Son susceptibles de validación todas aquelas disciplinas cursadas no estranxeiro cando o contido programático e a carga horaria sexan equivalentes e, simultaneamente, se verifique algunha das seguintes situacións:
A resolución favorable de validación emitida pola universidade serve cono título de acceso, aínda que unicamente para continuar os estudios en cuestión e nesa universidade en concreto. Os efectos da resolución deixan de ter validade se o alumno non formaliza a matrícula no prazo establecido pola resolución. Este tipo de validación obriga o alumno a permanecer na universidade en cuestión durante un período mínimo de dous anos académicos completos. Adicionalmente, se o Estado onde o cidadán realizou os seus estudios non ten como lingua oficial o español, poderá ter que realizar as probas de idioma consideradas pertinentes. As universidades deberán axustarse, en calquera dos casos, aos Acordos ou Convenios Internacionais asinados por España, así como ás táboas básicas de validación por materias, créditos e ciclos que aprobe o Consello de Universidades. A solicitude debe ser presentada no Rexistro Xeral ou na Unidade de Xestión Académica da Universidade correspondente, segundo o tipo de estudios que se pretendan continuar. O prazo de presentación correspóndese co prazo ordinario de matrícula, que acostuma a ir do inicio do mes de xullo a finais do mes de outubro (dependendo da época). A documentación necesaria para continuar nunha universidade española estudios iniciados nunha universidade estranxeira son os seguintes:
Os documentos teñen que ser oficiais, expedidos polas autoridades competentes, e deben vir acompañados de traducción oficial sempre que estean nun idioma diferente do español. Os documentos expedidos polas universidades portuguesas non precisan de ser compulsados, dado que lles son aplicadas as Directivas de Consello da Unión Europea sobre recoñecemento de títulos. |