III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Homologación de títulos estranxeiros ás correspondentes titulacións españolas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
3. HOMOLOGACIÓN DE TITULACIÓNS ESTRANXEIRAS DE NIVEL SUPERIOR ÁS CORRESPONDENTES TITULACIÓNS ESPAÑOLAS

O procedemento de homologación realízase fundamentalmente co obxectivo de que un dado individuo poida, non só continuar estudios de posgraduación (para o licenciado) senón tamén presentarse a determinado tipo de concursos públicos.

En principio, para acceder aos estudios universitarios de terceiro ciclo (doutoramento), debe previamente ser homologado o título, de licenciado ou de enxeñeiro, ao correspondente título español. Con todo, poderá accederse aos estudios de terceiro ciclo sen necesidade de que o título estranxeiro de licenciado ou de enxeñeiro sexa previamente homologado, sempre que se cumpran as previsións establecidas na disposición adicional 1ª.2 do Real Decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, polo cal se regulamenta o terceiro ciclo dos estudios universitarios, a obtención e expedición do título de Doutor e outros estudios de posgraduación. Desta forma, para facilitar o acceso aos estudios de doutoramento establécese un procedemento simplificado denominado recoñecemento de equivalencia de estudios. Mediante este procedemento, a universidade española considera que o título presentado polo interesado equivale a un título de licenciado ou similar, isto é, a universidade recoñece o seu grao universitario. Trátase dunha declaración xenérica sobre o grao académico e non sobre un título en concreto.

Para desencadear o proceso de recoñecemento de equivalencia de estudios, o interesado deberá encamiñar unha solicitude dirixida ao Excmo. Sr. Rector acompañado da seguinte documentación:

  • · Fotocopia debidamente compulsada do título universitario;
  • · Fotocopia compulsada do certificado académico dos estudios realizados.

Os efectos da declaración de recoñecemento de equivalencia limítanse a autorizar o interesado a realizar estudios de doutoramento, por tanto non outorgan os mesmos dereitos decorrentes da situación na cal o título estranxeiro estivese legalmente homologado en España.

Os alumnos que pretendan cursar estudios de doutoramento e obter o título de Doutor con efectos plenos (podendo, desta forma, concorrer a postos de traballo onde se esixa o grao de Doutor) deben obter a homologación do título universitario (licenciatura/enxeñería) cursado no estranxeiro, polo correspondente español antes da defensa da tese.

A homologación de títulos estranxeiros á que fai referencia o artigo 32.2 da Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, de Reforma Universitaria, implica o recoñecemento en España da validez oficial, para efectos académicos, dos títulos de Educación Superior obtidos no estranxeiro. As condicións de homologación dos títulos estranxeiros de Educación Superior están regulamentados polo Real Decreto 86/1987, de 16 de xaneiro.

De acordo con esta lexislación, as universidades poden oporse á homologación daqueles diplomas ou títulos que, no uso da súa autonomía poidan establecer, conforme o disposto no artigo 28.3 da Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, de Reforma Universitaria. Sen embargo, as Universidades poderán establecer un sistema de recoñecemento recíproco entre os seus diplomas ou títulos e aqueles de carácter similar expedidos por determinadas universidades estranxeiras.

A pesar da existencia de certa autonomía universitaria en algúns aspectos do sistema de homologación, a concesión ou denegación da homologación de títulos estranxeiros de Educación Superior corresponde exclusivamente ao Ministerio de Educación e Ciencia, cuxa resolución será adoptada de acordo co parecer emitido pola Comisión Académica do Consello de Universidades. Adicionalmente, o Ministerio de Educación e Ciencia poderá solicitar a asesoría científico-técnica de peritos españois ou estranxeiros, de institucións españolas ou de organizacións internacionais, así como procurar información por vía diplomática.

As resolucións de concesión ou denegación de homologación de títulos estranxeiros de Educación Superior serán adoptadas de acordo coas seguintes fontes:

· Os tratados ou convenios internacionais, bilaterais ou multilaterais, asinados por España e, no seu caso, as recomendacións ou resolucións adoptadas polos Organismos ou Organizacións Internacionais de carácter gubernamental dos cales España sexa membro efectivo;

· As táboas de homologación de planos de estudios e de títulos aprobadas polo Ministerio de Educación e Ciencia, previo parecer da Comisión Académica do Consello de Universidades.

Sempre que non existan as fontes referidas, as resolucións de concesión ou denegación de homologación de títulos de Educación Superior serán adoptadas tendo en consideración os seguintes criterios:

  • · Curriculum académico e científico do interesado;
  • · Precedentes administrativos aplicables;
  • · Prestixio no ámbito da Comunidade Científica da Universidade ou Institución estranxeira que conferiu os títulos ou graos obtidos polo solicitante, e recoñecemento deses títulos ou graos no país no cal foron outorgados;
  • · Reciprocidade outorgada aos títulos españois no país no cal foron obtidos os títulos para os cales é solicitada a homologación;
  • · No caso da homologación do título de Doutor, un parecer da universidade española máis especializada no ámbito científico específico no cal se desenvolveu a tese. Este aconsellamento é (opcionalmente) solicitado polo Consello de Universidades co obxectivo de avaliar o contido da tese.

A solicitude de homologación debe realizarse utilizando o modelo oficial e debe ser dirixida ao Ministerio de Educación e Ciencia. Esa solicitude pode ser presentada nos rexistros das Oficinas de Educación das Subdelegacións do Goberno de cada provincia e na Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións do Ministerio de Educación.

A citada solicitude debe ir acompañada da seguinte documentación (segundo a Orde de 9 de febreiro de 1987, para a aplicación do disposto no Real Decreto 86/1987, de 16 de xaneiro, polo cal se regulan as condicións de homologación de títulos estranxeiros de Educación Superior):

  • a) Se é licenciado/enxeñeiro ou ten un título de bacharel:
    • · Certificado comprobativo da nacionalidade expedido polas autoridades competentes ou fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou do Pasaporte;
    • · Título orixinal de licenciado ou certificado orixinal comprobativo da súa expedición;
    • · Certificado académico dos estudios cursados polo solicitante (anos académicos, disciplinas, cualificacións, horas, créditos…).
  • b) Se é Doutorado:
    • · Certificado comprobativo da nacionalidade expedido polas autoridades competentes ou fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou do Pasaporte;
    • · Fotocopia compulsada do título de licenciado, se foi obtido nunha universidade española, ou documento comprobativo da súa homologación se foi obtido nunha universidade estranxeira. Por tanto, calquera individuo que pretenda homologar o seu título de Doutor deberá previamente homologar o seu título de licenciado;
    • · Título orixinal de Doutor ou certificado orixinal comprobativo da súa expedición;
    • · Certificado da parte curricular do Doutoramento (caso proceda);
    • · Relatorio explicativo da tese, redactado en español;
    • · Unha copia da tese, coa indicación da composición do tribunal e da cualificación (á partida, non é necesaria a traducción da tese).

A documentación especificada, tanto para a homologación dos títulos de licenciado/enxeñeiro/bacharel cono para a homologación do título de Doutor poderá ser complementada co curriculum académico e científico do solicitante e cos programas correspondentes das disciplinas cursadas. A documentación integrante do proceso expedida no estranxeiro deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • · Os documentos deben ser oficiais, expedidos polas autoridades competentes, e deben ser compulsados por vía diplomática;
  • · Os documentos deben ser acompañados, no seu caso, da correspondente traducción oficial ao español.

Unha vez formulada a solicitude, acompañada da documentación regulamentar, o Ministerio de Educación e Ciencia someterá o proceso a apreciación (facultativa nalgúns casos) por parte da Comisión Académica do Consello de Universidades, que deberá emitir un parecer no prazo máximo de tres meses (existindo alternativas nos casos de incumprimento dos prazos). Unha vez recibido o parecer, o Ministerio de Educación e Ciencia resolverá sobre a homologación solicitada no prazo máximo de tres meses.

Naquelas situacións nas cales, sendo facultativo o parecer da Comisión Académica do Consello de Universidades, se decida por non pedir este aconsellamento, o prazo máximo de tres meses para resolver, comezará a contar a partir da recepción correcta e completa do proceso. Se o proceso estivese incompleto (falla dalgún documento esencial) ou se os documentos non reuniran os requisitos formais, o solicitante será informado e terá um prazo adicional de tres meses para arranxar o problema.

No procedemento de homologación asumen un papel decisivo as Subcomisións de Avaliación do Consello de Universidades. Os contidos programáticos e a duración dos estudios dos títulos estranxeiros que pretenden ser homologados son comparados cos planos de estudio e coa duración dos títulos españois, utilizando cono mecanismo operativo un sistema de comités constituídos por peritos. Efectuada a apreciación por parte dos comités, o Consello de Universidades pode emitir tres resolucións diferentes:

  • · Favorable á homologación por se tratar de estudios equivalentes. Neste caso prodúcese a homologación directa, a cal supón o recoñecemento en España da validez oficial do título estranxeiro para efectos académicos. Esta resolución favorable á homologación de títulos estranxeiros de Educación Superior formalízase mediante credencial expedida polo Ministerio de Educación e Ciencia, previo pagamento da taxa correspondente;
  • · Favorable á homologación sempre que se supere unha proba de conxunto (global). Nestas situacións, a homologación está condicionada á superación da proba de conxunto sobre aqueles coñecementos básicos da formación española requeridos para a obtención do título, a cal poderá ser realizada na universidade escollida polo interesado. Neste caso, a formación acreditada polo solicitante non é suficientemente similar ao título español, isto é, non é suficientemente equivalente.;
  • · Desfavorable á homologación, o que acontecerá naqueles casos en que a formación é substancialmente diferente. Perante esta situación o interesado poderá: i) no caso de concordar coa resolución, solicitar a equivalencia de parte dos seus estudios na universidade española que escolla, dado que en moitas ocasións, o Consello de Universidades indica expresamente a posibilidade de que os estudios poidan ser validados parcialmente; ii) caso contrario, interpor os recursos administrativos e xurídicos que legalmente procedan.

Os españois ou estranxeiros que, estando en posesión do título de Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto por unha universidade española, ou dun título estranxeiro homologado a estes, obteñan nun centro estranxeiro de Ensino Superior o título de Doutor ou equivalente, poderán homologar dito título polo seu equivalente español.

A solicitude deberá ir acompañada dunha memoria explicativa do contido da tese realizada, redactada en español, así como dun exemplar da mesma, con indicación dos membros do tribunal e da cualificación obtida. O Ministerio de Educación e Ciencia poderá solicitar, no seu caso, a traducción da tese ao español. Na homologación do título de Doutor deberá indicarse, necesariamente, a universidade na cal foi obtido o título e a data da súa expedición.

Enderezos e teléfonos de interese:

Para efectos de homologación do título estranxeiro (Secundario, Superior, Doutor):

Na Coruña: En Lugo:

  • Alta Inspección do Estado Subdelegación do Goberno
  • Oficina de Educación Oficina de Educación
  • R/ Durán Lóriga, nº 9, 5ª planta R/ Armañá, nº 10
  • 15071 A Coruña 27001 Lugo
  • Teléfono: 981 216560 Teléfono: 982 225514

En Ourense: En Pontevedra:

  • Subdelegación do Goberno
  • Oficina de Educación Oficina de Educación
  • R/ Parque de San Lázaro, 2 Praza de España s/n
  • 32003 Ourense 36002 Pontevedra
  • Teléfono: 988 372424 Teléfono: 986 869760

En Madrid:

  • Subdirección General de Títulos, Convalidaciones y Homologaciones
  • Ministerio de Educación
  • Paseo del Prado, 28
  • 28014 Madrid
  • Teléfono: 91 506 56 00

MEC: http:// www.mec.es/inf/comoinfo/indiced.htm#d.4.2

Para efectos de realización de Probas de Aptitude de Acceso á Universidade (PAAU):

  • Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)
  • Sección de COU y PAAU
  • C/ Senda del Rey, s/n
  • 28040 Madrid
  • Teléfono: 91 3986613 / 91 3986614
  • Fax: 91 3986679
  • E-mail:Selectiv@sr.uned.es

Enderezos de Centros Asociados da UNED en Galicia onde se pode presentar a documentación:

UNED (Delegación da Coruña)

  • R/ Pepin Rivero s/n
  • 15080 A Coruña
  • Teléfono: 981 272 200

UNED (Delegación de Pontevedra)

  • R/ Portugal, 1, Urbanización Monteporreiro
  • 36162 Pontevedra
  • Teléfono: 986 851850 / 986 858378

UNED (Delegación Ourense)

  • R/ Torres del Pinom, s/n
  • 32001 Ourense
  • Teléfono: 988 371444 / 988 371445

Universidades

· Universidade de Santiago de Compostela (Información e presentación de procesos)

Información:

  • Centro de Información e Orientación do Estudiante (COIE)
  • Pavillón Estudiantil, 2ª planta, Campus Sur
  • 15706 Santiago de Compostela
  • Teléfono: 902 10 10 22
  • E-mail: coiesec@usc.es
  • http://www.usc.es

Presentación de procesos:

  • Rexistro Xeral da Universidade
  • Rexistro Xeral da Universidade
  • Colexio de San Xerome Edificio da Biblioteca Intercentros
  • Praza do Obradoiro, s/n Avda. Bernardino Pardo Outeiro, s/n
  • 15705 Santiago de Compostela 27001 Lugo

Universidade de Vigo (Información e presentación de procesos)

Información:

  • Oficina de Relacións Internacionais
  • Edificio Fundación – Lagoas-Marcosende
  • 36200 Vigo
  • Teléfono: 986 81 21 78 Fax: 986 81 35 50

Presentación de procesos:

  • Rexistro Xeral da Universidade
  • Rúa Oporto, 1.
  • 36201. Vigo
  • Telf: 986 81 36 10

Para efectos de compulsa de documentos:

Sección de legalizaciones

  • Ministerio de Asuntos Exteriores
  • C/ General Pardiñas, 55
  • 28006 Madrid
  • Teléfono: 91 3791700 – 91 3791606