| III. Desprazamento no sentido Portugal-España, xustificado por motivos académicos ou profesionais |
| B - Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais |
|
Un dos obxectivos centrais da Unión Europea reside na destrucción de calquera tipo de obstáculos que impidan a libre circulación de persoas e servicios entre os Estados-membros. E, obviamente, esa liberdade de circulación conduce a unha situación na cal é realizable o exercicio, por parte dos nacionais dos Estados-membros, dunha profesión independente ou dependente noutro Estado-membro, distinto daquel onde obtiveron as respectivas formacións profesionais. O recoñecemento profesional tradúcese na acción de recoñecer un título adquirido nun Estado-membro, co obxectivo de posibilitar ao seu titular o acceso ao exercicio dunha profesión regulamentada noutro Estado-membro. Con este propósito, a Unión Europea adoptou un conxunto de medidas que permite ao cidadán europeo a utilización do seu título para efectos profesionais en cada e calquera Estado-membro da Unión. Estas medidas abarcan todos aqueles títulos que permiten acceder a profesións para as cales existen trabas xurídicas á mobilidade, isto é, profesións regulamentadas no Estado-membro de acollida. Tales profesións dizem respeito a profesións para o exercicio das cales é indispensable a posesión dun diploma, un título, un certificado ou unha cualificación específica. No intento de colocar em campo tales aspiracións foron elaboradas regras e procedementos conducentes ao recoñecemento de diplomas. Foi edificado un sistema xeral de recoñecemento das cualificacións requeridas para o exercicio da maioría das profesións regulamentadas. O recoñecemento do diploma é orientado por un principio fulcral: todos e cada un dos cidadáns conunitarios habilitados para o exercicio dunha determinada profesión no seu país de orixe estará plenamente cualificado para exercer esa mesma profesión no Estado-membro de acollemento. Para consolidar e regulamentar tales situacións foron elaboradas directivas conunitarias tendo por obxectivo a definición dun sistema xeral de recoñecemento de cualificacións, anteriormente mencionado. Estas pretendían a creación dun sistema que posibilitase a liberalización a nivel de movementos profesionais, isto é, vén permitir aos nacionais dos Estados-membros o desenvolvemento dunha actividade profesional, independente ou asalariada, nun Estado-membro distinto daquel onde obtiveron as súas cualificacións profesionais. O espacio territorial de aplicación das Directivas comunitarias a nivel de recoñecemento de títulos para efectos profesionais resúmese unicamente aos Estados-membros da Unión Europea e aos asinantes do Acordo sobre o Espacio Económico Europeo, isto é, os quince membros da Unión Europea mais Noruega, Islandia e Liechtenstein. Por tanto, benefícianse dos efectos das Directivas os profesionais dos seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia, Noruega, Islandia e Liechtenstein. Existen dous tipos de Directivas que regulamentan este recoñecemento:
|