| II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais |
| C - Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais |
| B. Directiva 92/51/CEE que institúe un segundo sistema xeral de recoñecemento de formacións profesionais que completa o primeiro (Directiva 89/48/CEE)
Sen embargo, a esfera de aplicación da Directiva 89/48/CEE é restricta no que se refire ao recoñecemento das formacións de nivel superior. Neste sentido, os organismos comunitarios competentes xulgaron urxente e relevante instituir un segundo sistema xeral de recoñecemento de formacións profesionais co obxectivo de completar o primeiro; isto foi concretizado coa Directiva 92/51/CEE, de 18 de xuño de 1992. A adopción desta Directiva a nivel comunitario conlevou a respectiva necesidade de transpola á orde xurídica interna dos Estados-membros e, designadamente, á orde xurídica portuguesa, a través do Decreto-Lei n.º 242/96, de 18 de decembro. Este diploma quere regular a pretensión ao exercicio dunha profesión regulamentada, por parte dos nacionais dos Estados-membros da Unión Europea e dos Estados que firmaron o Acordo sobre o Espacio Económico Europeo detentores de diplomas, certificados ou atestados de competencia que sancionen formacións pos-secundarias con duración non superior a tres anos nin inferior a un.
Acompañando a solicitude deberán anexarse: · Fotocopia simple do documento oficial de identificación, cando sexa entregado persoalmente, ou fotocopia compulsada, no caso contrario;
Do mesmo modo que ocorría coas solicitudes relativas ao recoñecemento profesional regulado polo Decreto-Lei n.º 289/91, de 10 de agosto, tamén no dominio do Decreto-Lei n.º 242/96, de 18 de decembro, poderá ser esixida a traducción dos documentos citados, efectuada por notario ou compulsada por funcionario consular ou diplomático, en caso de xustificada necesidade. As profesións regulamentadas en Portugal no ámbito da Directiva n.º 91/51/CEE (ao abrigo do Decreto-Lei n.º 242/96, de 18 de decembro) son as seguintes: Sector dos Transportes e da Pesca
Sector da Saúde
Sector da Hostelería, Restauración e Turismo
Sector da Agricultura
As Autoridades Competentes para recibir, analizar e decidir sobre as peticións de recoñecemento son as seguintes: Ministerio de Presidencia e Equipamento Social Dirección-Xeral de Portos, Navegación e Transportes Marítimos / Ministerio de Agricultura, de Desenvolvemento Rural e de Pesca Dirección-Xeral de Pesca e Agricultura
Ministerio de Saúde Departamento de Recursos Humanos da Saúde
Instituto da Farmacia e do Medicamento (INFARMED)
Ministerio da Economía e Finanzas Instituto Nacional de Formación Turística
Ministerio de Agricultura, Desenvolvemento Rural e Pesca Dirección-Xeral do Desenvolvemento Rural
Ademais, relativamente a sete profesións específicas:
foi edificado un mecanismo de recoñecemento automático de diplomas e cualificacións como resultado dunha coordinación efectuada polos Estados-membros a nivel das formacións (con excepción da formación en arquitectura). O exercicio de calquera destas profesións garante o recoñecemento practicamente automático e a posibilidade de traballar en calquera outro Estado-membro.
Para máis información:
|