ANEXOS |
Cuestións prácticas |
2. Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais
2.2. Desprazamento no sentido España-Portugal Emilio, avogado en Vigo, pretende pasar a exercer a súa profesión a Braga. Para que tal pretensión sexa concretizada é necesario o recoñecemento da súa cualificación profesional por parte das autoridades competentes en Portugal. En tanto que avogado, a profesión de Emilio encóntrase regulamentada pola Directiva 89/48/CEE relativa a un sistema xeral de recoñecemento das titulacións de Ensino Superior. Esta directiva foi transposta á orde xurídica interna mediante o decreto-Lei nº. 289/91, de 10 de agosto. De acordo co Estatuto da Orde dos Avogados, un avogado oriundo doutro Estado-membro está obrigado a realizar unha proba de aptitude en Dereito Portugués. Así, para o efecto, Emilio deberá presentar unha petición de inscrición na Orde dos Avogados, dirixíndoo ao Presidente do Consello do Distrito da Orde onde aspira establecer a súa sede profesional. A petición do recoñecemento debe ser redactada en lingua portuguesa e instruído coa seguinte documentación, oficialmente traducida e compulsada:
A documentación anterior deberá ser enviada a : Ordem dos Advogados
Outros enderezos de interese: Ministério da Educação
Ministério da Justiça
Ordem dos Advogados
|