II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional | ||
2.1. Elección de forma xurídica | ||
2.1.2 Necesidades de financiación e envergadura económica do proxecto. No caso de que se decida constituir unha sociedade, debe terse en conta que é necesario un capital mínimo. En España, é de 500.000 pesetas para as sociedades limitadas, e de 10.000.000 de pesetas para as anónimas; en Portugal, en tódolos casos o capital mínimo é de 5.000 euros (1.024.100 Esc.). Pode ser tamén interesante a figura das contas en participación, á que aludiremos máis adiante, e que permite a financiación externa do negocio do empresario individual. |