II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
2.1. Elección de forma xurídica

2.1.1 Responsabilidade.

En principio, o empresario individual responde con todo o seu patrimonio presente e futuro das obrigas que poidan xurdir no exercicio da súa actividade. Sen embargo, existe a posibilidade de que a súa responsabilidade se limite únicamente ó capital aportado ó negocio; para iso, haberá de constituir en España unha sociedade limitada ou anónima unipersoal, ou en Portugal unha Sociedade Unipersoal por cotas ou un E.I.R.L. (Establecemento Individual de Responsabilidade Limitada).