ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.9 Trámites necesarios ante os organismos da Seguridade Social Portuguesa para que un empresario ou profesional (sexa ou non fronteirizo) poida desempeña-lo seu traballo en Portugal.


- Contribucións para a Seguridade Social

A inscrición no Réxime Xeral da Seguridade Social dos Traballadores Independentes é obrigatoria para os traballadores que obteñan da actividade por conta propia, rendementos anuais brutos superiores ó valor de seis veces o salario mínimo nacional. Para os traballadores que exerzan, por primeira vez, actividade por conta propia, o encuadramento non é obrigatorio nos primeiros 12 meses.

Para os traballadores independentes con rendementos anuais brutos iguais ou inferiores ó valor de seis veces o salario mínimo nacional desde que fose requerido polo interesado.

O réxime xeral da Seguridade Social dos traballadores independentes ten dous esquemas de protección:

- obrigatorio, que será o máis restrinxido,
- outro máis amplio, polo cal o traballador pode optar se quixese mellora-la súa protección.

O cumprimento da obriga contributiva é responsabilidade do traballador independente e comprende a opción por unha remuneración convencional, como base de cálculo das contribucións, de entre 11 escalóns relacionados co salario mínimo nacional, aínda que exerza máis do que unha actividade por conta propia.

Para o ano 2001, a base máxima é de Esc. 804.000 (4.1010,33 euros) e a base mínima é de Esc. 67.000 (334,19 euros), por mes, permitíndose a alteración da base para calquer escalón inferior ou para o inmediatamente superior.

Fíxase, como límite máximo, o valor do 8¼ escalón - Esc. 402.000 (2.005,17 euros) - para os beneficiarios con idade superior a 55 anos que:

- Sexan encuadrados en función do inicio ou reinicio do exercicio de actividade por conta propia, ou
- Cese a situación de exención do pago de contribucións,excepto se nos últimos 36 meses estivera protexido, con relación a tódalas eventualidades, polo Réxime Xeral da Seguridade Social e o valor medio das remuneracións fora superior a Esc. 402.000 (2.005,17 euros). Neste caso, pode optar polo escalón superior máis próximo ó valor daquelas remuneracións, mediante requerimento.

A taxa aplicable á remuneración escollida, como base do cálculo das contribucións, é de 25.4% no esquema obrigatorio e 32% no esquema amplio.

Situacións de exención:

Traballadores independentes e os respectivos cónxuxes que:

(i) Exerzan, cumulativamente, unha actividade por conta allea e estean encuadrados nun réxime de seguridade social obrigatorio que protexa a totalidade das eventualidades cubertas, obrigatoriamente, polo Réxime Xeral da Seguridade social dos Traballadores Independentes e teñan, nese réxime, unha remuneración mensual non inferior ó valor do Salario Mínimo Nacional.

(ii) Sexan pensionistas de invalidez ou xubilación de réximes de protección social, nacionais ou estranxeiros.

(iii) Sexan titulares de pensións resultantes da verificación do risco profesional con incapacidade para o traballo igual ou superior ó 70%.