V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
|
||
5.9 Trámites necesarios ante os organismos da Seguridade Social Portuguesa para que un empresario ou profesional (sexa ou non fronteirizo) poida desempeña-lo seu traballo en Portugal. | ||
- Inscrición Os traballadores que inicien unha actividade por conta propria, ou sexa, sen suxección a contrato de traballo ou contrato legalmente equiparado, denominados empresarios ou profesionais, están obrigados a promove-la súa inscrición na seguridade social no Réxime Xeral da Seguridade Social dos Traballadores Independentes. Estes traballadores teñen, simultáneamente, a cualidade de beneficiarios daquel réxime. Os traballadores independentes, sempre que inicien unha nova actividade por conta propia, están obrigados a informar sobre o inicio desa actividade, aínda que xa estean inscritos na seguridade social. A inscrición deberá facerse no Centro da Seguridade Social da área onde presta os seus servicios ou na área de residencia, ata o día 15 do 13¼ mes seguinte ó de inicio de actividade, para os traballadores de encuadramento obrigatorio, ou na data do requerimento para aqueles que queiran anticipa-la súa inscrición e tamén para os de encuadramento facultativo. O traballador deberá presentar, para o Boletín de Identificación, en modelo oficial a adquirir na Seguridade Social os seguintes documentos: Documento de Identidade, ou Certificado de Nacemento Ð no caso de non ser beneficiario da Seguridade Social; - Tarxeta de Beneficiario da Seguridade Social; - Tarxeta de Identificación Fiscal de Persoa Individual, ou - Tarxeta de Identificación Fiscal de Persoa Colectiva Ð en caso de que sexa empresario individual ou productor agrícola. - Declaración de inicio de actividade a efectos fiscais; - Documento fiscal que acredite os rendementos Ð no caso de opción da base en función do rendemento anual bruto; - Boletín de Identificación Complementaria Ð no caso de traballadores estranxeiros. Con respecto ós traballadores que xa estean inscritos, debem face-la súa inscrición ata o día 15 do 2¼ mes seguinte ó do inicio de actividade, cado inicien de novo unha actividade por conta propia. |