VI. Sistemas de incentivos, subvención e axudas publicas ó exercicio da actividade empresarial o profesional. | ||
6.2 Na Rexión Norte | ||
- Incentivos concedidos ó amparo do Ministerio de Economía Destáquese que, no que respecta ós non residentes, estes benefícios so poderán ser atribuídos ós empresarios que exerzan unha actividade comercial ou industrial, que teñan neste territorio establecemento estable constituído xuridicamente de acordo coa Lei portuguesa e que dispoñan de contabilidade organizada. POE - Programa Operacional de Economia O Decreto-Lei nº 70-B/2000, de 5 de Maio, aprobou un encadramento legal de referencia para a creación dun conxunto de medidas de acción económica para o desenvolvemento estratéxico de diversos sectores de actividade da economía portuguesa, a través do apoio directo e indirecto ás empresas, para o período que transcurre entre os anos 2000 e 2006. Os obxectivos principais deste Programa son os seguintes: - Reforza-la productividade e competitividade das empresas, así como a súa participación no mercado global; - Promover novos potenciais de desenvolvemento. Estes dous grandes obxectivos desglósanse en diversos obxectivos específicos, cando se aplican a cada un dos sectores de actividade. Presentamos a continuación, aínda que resumidamente, algunhas medidas de apoio, ó amparo daquel encadramento: - SIME - Sistema de Incentivos á Modernización Empresarial Decreto nº 687/2000, do 31 de Agosto - Son susceptibles de apoio, os proxectos de investimento que, tendo por obxectivo o reforzo da produtividade e da competitividade das empresas e da súa participación no mercado global a través do fomento de diversos conceptos integradas de investimento, incidan nas seguintes actividades: - Industria - Construcción - Comercio - Turismo - Servicios - Transportes - As entidades beneficiarias son empresas de calquer natureza e baixo calquer forma xurídica que se propoñan desenvolve-los referidos proxectos de investimento e que dispoñan de contabilidade organizada. - Investimento mínimo escollido para as pequenas e medianas empresas (PME): 150.000 euros - Tipo de incentivos: incentivo reembosable (IR); incentivo non reembosable (INR) e premio de realización - Organismos coordinadores: - ICEP - Investimento, Comercio e Turismo de Portugal - IFT - Instituto de Financiamento e Apoio ó Turismo - IAPMEI - Instituto de Apoio ás Pequenas e Medianas Empresas e ó Investimento - SIPIE - Sistema de Incentivos a Pequenas Iniciativas Empresariais Decreto nº 317-A/2000, do 31 de Maio - Son susceptibles de apoio, os proxectos de investimento que, tendo por obxecto a creación ou o desenvolvemento de micro ou pequenas empresas, a través do reforzo da súa capacidade técnica e tecnolóxica e da modernización das súas estruturas, incidan nas seguintes actividades: - Industria - Construcción - Comercio - Turismo - Servicios - Transportes - As entidades beneficiarias son empresas de calquer natureza e baixo calquer forma xurídica que se propoñan desenvolve-los referidos proxectos de investimento e que dispoñan de contabilidade organizada. - Investimento mínimo escollido de 15.000 euros cun máximo de 150.000 euros - Tipo de incentivos: incentivos non reembolsables (INR), correspondentes ó 40% dos gastos definidos, cun límite de 100.000 euros durante un período de tres anos - Entidades xestoras: - IFT - Instituto de Financiamento e Apoio ó Turismo - IAPMEI - Instituto de Apoio ás Pequenas e Medianas Empresas e ó Investimento Para calquer información adicional o POE dispón dun Centro de Atención Telefónico: 808 266 266 |