VI. Sistemas de incentivos, subvención e axudas publicas ó exercicio da actividade empresarial o profesional.
|
||
6.2 Na Rexión Norte | ||
- Incentivos concedidos ó amparo do Ministerio de Traballo e Solidariedade De acordo co art. 28º do Decreto-Lei nº 119/99, do 14 de Abril, o subsidio de desemprego ou o subsidio social de desemprego a que os beneficiarios teñan dereito (so para os traballadores por conta allea), pode ser abonado globalmente, de unha soa vez, nos casos en que os interesados presenten un proxecto de creación de emprego propio en territorio portugués. A cuantía global das prestacións corresponde á suma dos valores mensuais que serían pagados ós beneficiarios durante o período de concesión, descontado das cantidades eventualmente xa recibidas. Con todo, no que concerne ós non residentes, so poderán obter este benefício aqueles que se atopen inscritos na seguridade social portuguesa e cumpran os requisitos para obte-lo respectivos subsidios. Para calquer información adicional poderá consultarse no páxina de internet que ten o seguinte enderezo: http://www.mts.gov.pt |