A rede EURES e os servicios EURES transfronteirizos mobilizan ós servicios públicos de emprego dos países do Espacio Económico Europeo e outros axentes rexionais, nacionais e locais implicados en cuestións relacionadas co emprego.
A forza operativa da rede reside nos máis de 500 EUROCONSELLEIROS que a forman. Son persoas especialistas no mercado de traballo a nivel comunitario e transfronteirizo. Pertencen ós servicios públicos de emprego, organizacións sindicais, patronais e municipais. Dispoñen dos coñecementos e dos medios necesarios para:
- - Informar sobre as ofertas e demandas de emprego.
- - Asesorar sobre a lexislación existente en materia social, laboral, fiscal...
- - Orientar sobre as condicións de vida e de traballo.
- - Aconsellar sobre as estratexias que hai que seguir para a consecución de emprego.
Os euroconselleiros traballan en estreita colaboración coa Comisión Europea. O seu público está constituído por dous tipos de persoas: os candidatos á mobilidade e os empresarios desexosos de estende-lo seu campo de contratación alén do territorio nacional. O seu papel é o de facilita-lo contacto entre uns e outros mediante a información e a axuda na toma de decisións.
A mobilidade transfronteiriza entre Galicia e Portugal é facilitada, actualmente, a través do traballo realizado por un equipo de dez euroconselleiros, que pertencen a diferentes entidades e organismos parceiros do servicio EUREST:
Instituto do Emprego e Formação Profissional (IEFP)
Valença
EURES Tranfronteirizo
Ed. Ex-Alfândega.
Av. España s/n
Tel.: +351 251 82 61 05
Centro de Emprego de Valença
Av. Miguel Dantas. Ed. Troias
Tel.: +351 251 80 90 20
Viana do Castelo
Centro de Emprego de Viana
Rua Pedro Homen de Melo, 52-60
Tel.: +351 258 80 73 00
Chaves
Centro de Emprego de Chaves
Rua Bispo Idácio, 50-54
Tel.: +351 276 34 03 30
ACISAT
Chaves
Rua Coronel Bento Roma. Apdo. 113
Tel.: +351 276 33 21 15
Associação de Municipios do Vale do Minho (AMVM)
Valença
Av. Miguel Dantas,69
Tel.: +351 251 80 01 00
Xunta de Galicia
Vigo
Oficina de Emprego Vigo-López Mora
López Mora, 50
Tel.: +34 986 20 43 15
Ourense
Oficina de Emprego Ourense-Centro
Rúa Concello, 4
Tel.: +34 988 21 62 52
A Coruña
Oficina de Emprego Coruña-Porto
Praza Rafael Dieste s/n
Tel.: +34 981 29 12 44
Associação de Municipios do Vale do Minho (AMVM)
Valença
Av. Miguel Dantas,69
Tel.: +351 251 80 01 00
O sistema informático EURES permite ós euroconselleiros un acceso fácil a unha base de datos de ofertas de emprego situada en Bruxelas, unha base sobre as condicións de vida e de traballo e un servicio de correo electrónico.
As ofertas de emprego son introducidas directamente polos euroconselleiros, de forma que estas están inmediatamente a disposición de toda a rede.
Neste momento, o Servicio Galego de Colocación da Xunta de Galicia, xuntamente co Instituto do Emprego e Formação Profissional de Portugal, están desenvolvendo unha aplicación informática que permita que as ofertas de emprego de Galicia e Portugal que teñan vocación transfronteiriza sexan introducidas directamente dende os sistemas nacionais e coñecidas inmediatamente polos euroconselleiros da outra parte da fronteira.
Ademais, as ofertas non só se envían ós euroconselleiros, senón que, habitualmente, son enviadas tamén ás oficinas de emprego fronteirizas.
Tódolos euroconselleiros teñen acceso tamén á base de condicións de vida e de traballo dos diferentes países do Espacio Económico Europeo. O EURES Transfronteirizo desenvolveu unha información propia que contén os datos socioeconómicos da Eurorrexión así como a lexislación que afecta a persoas traballadoras transfronteirizas en relación coa Seguridade Social, os impostos e a lexislación laboral de Galicia e o Norte de Portugal. Esta información está a disposición dos euroconselleiros transfronteirizos e, ó mesmo tempo, alimenta a base de datos xeral para que no resto dos países do EEE, poidan ter coñecemento sobre as condicións de vida e de traballo na nosa Eurorrexión.
Os usuarios poden coñecer directamente estas informacións a través da web http://eures-norteportugal-galicia.org.
Non podemos esquecer, non obstante, que se ben a ferramenta informática permite unha gran flexibilidade de utilización, o seu rendemento está determinado polos homes e mulleres que están por tras dela, que a actualizan e recorren a ela no seu traballo diario.
|