ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IX. Casos Prácticos
9.1.1. Prestacións sociais nas situacións de incapacidade temporal

- Prestación de asistencia médica no caso de enfermidade común ou profesional e de accidente, sexa ou non de traballo.

- Prestacións económicas.

CASO PRáCTICO: TRABALLADORA CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA

A Sra. X, licenciada pola faculdade de Arquitectura da Universidade de Vigo, traballa por conta propia no seu gabinete de arquitectura sito na cidade de Vigo. ó mesmo tempo, traballa por conta allea nunha empresa privada portuguesa, con sede en Valença. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Galicia, regresando a súa casa tódolos días.

CUESTIóNS

a) ÀEn que país e a que organismo a traballadora pagará as súas contribucións para a Seguridade Social?

En España i en Portugal

En virtude do disposto no artigo 14 quáter do Regulamento CEE nº1408/71, a persoa, residente en España, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en Portugal, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa como traballadora por conta allea e na española dentro do Réxime de Traballadores Autónomos, e iso porque trátase dun dos casos mencionados no anexo VII do citado Regulamento Comunitario.
No caso español, a traballadora terá que darse de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia, sendo ela mesma a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 8 do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a traballadora tería que comunicar á Tesorería Xeral da Seguridade Social, por ser España o seu país de residencia, que tamén está a traballar por conta allea en Portugal.

Sen embargo, feita unha consulta formal á Tesorería Xeral da Seguridade Social, este organismo considera que na medida en que esta persoa está cotizando en ámbolos dous países, non é necesario comunicar nada ás autoridades portuguesas.

b) Supoñamos que a traballadora ou algún membro da súa familia presenta certos síntomas que requiren de consulta médica. ÀOnde deberán dirixirse? ÀCales son os procedementos necesarios?

Nota importante:

A normativa comunitaria non regula, con respecto ó réxime das prestacións, cal é a lexislación aplicable nos supostos de simultaneidade de cotizacións a distintos países.

Segundo a información suministrada pola Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, como regra xeral, o país que debe abona-las prestacións correspondentes é o de residencia, aínda que a persoa esté cotizando, ó mesmo tempo, para dous países. Sen embargo, esta non é unha norma ríxida posto que cada caso pode ter as súas particularidades, de tal maneira que, na práctica, o que recomendan as autoridades españolas é solicita-las prestacións a ámbolos dous países e que cada un deles resolva, motivando, no seu caso, porqué denega a prestación.

En base ó anterior, podemos concluir da seguinte maneira:

1. A traballadora

(i) A traballadora poderá obte-la asistencia sanitaria en España, país onde reside e onde traballa por conta propia, mediante a presentación da súa cartilla da Seguridade Social (actualmente as persoas afiliadas ó Sistema da Seguridade Social española teñen unha tarxeta sanitaria que os identifica).


(ii) Non obstante, recoméndase que a traballadora tamén se dirixa ás autoridades portuguesas para solicita-la asistencia sanitaria posto que está dada de alta, como traballadora por conta allea no sistema da Seguridade Social portuguesa. ó respecto, deberá presenta-lo documento que lle acredite como asegurada en Portugal.

No suposto de que lle denegaran a asistencia, terían que motivalo.

2. Os membros da súa familia, residentes en Galicia.

Segundo a lei española son beneficiarios da asistencia sanitaria os familiares ou asimilados do traballador, é dicir, aquelas persoas que convivan con él e as súas expensas sempre que:

- Non teñan dereito á asitencia sanitaria por outro concepto.

- Non realicen traballo remunerado.

- E non perciban rentas ou pensións superiores ó 50% do SMI vixente.

Por conseguinte, os membros da súa familia que cumpran os anteriores requisitos terán dereito a obte-la asistencia sanitaria en España.

Asimesmo, entendemos que tamén poderían solicita-las prestacións en especie ás autoridades portuguesas polo feito de que a traballadora está dada de alta na Seguridade Social portuguesa, sempre e cando os familiares cumpran cos requisitos establecidos na lei portuguesa para ser considerados beneficiarios.

Non obstante, como esta situación non está regulada na normativa comunitaria habería que esperar á resolución motivada do organismo competente en Portugal.

c) Supoñamos que a traballadora atópase nunha situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade non profesional. ÀQuen estaría habilitado para concede-la baixa por enfermidade? ÀA que prestacións tería dereito a traballadora? ÀQuen soportará os gastos das prestacións concedidas?

En principio, segundo o establecido na anotación da pregunta b), sería un médico español o que prescribira a baixa médica, a alta e os distintos partes de confirmación por ser España o país onde reside a traballadora.

Sen embargo, o recomendable é que o cidadán solicite a baixa ós médicos do sitema público de saúde tanto de España como de Portugal, e que ó mesmo tempo demande a prestación económica por incapacidade temporal nos dous países, quedando á espera de que as autoridades competentes de Portugal (país onde traballa por conta allea) resolvan sobre a súa concesión.

En virtude da lexislación española, a prestación económica que recibiría no Réxime de Autónomos consistiría nun subsidio equivalente ó 60% desde os días 15 ó 20 de baixa, ambos inclusive, e ó 75% a partir do día 21 de baixa.

En consecuencia, durante os primeiros 14 días de baixa, a traballadora non tería dereito á prestación.

Finalmente, a lei española esixe que os traballadores autónomos formalicen a prestación por incapacidade temporal cunha Mutua de Accidentes de Traballo I Enfermidades profesionais.

A prestació

OU VICEVERSA

CASO PRáCTICO: TRABALLADORA CON RESIDENCIA HABITUAL NO NORTE DE PORTUGAL

A Sra. X, licenciada pola faculdade de Arquitectura da Universidade de Porto, traballa por conta propia no seu gabinete de arquitectura sito na cidade de Viana do Castelo. ó mesmo tempo, traballa por conta allea nunha empresa privada española, con sede en Vigo. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Viana do Castelo, regresando a súa casa tódolos días.

CUESTIóNS

a) ÀEn que país e a que organismo a traballadora pagará as súas contribucións para a Seguridade Social?

En Portugal i en España.

En virtude do disposto no artigo 14 C do Regulamento CEE n¼1408/7/font>1, a persoa, residente en Portugal, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en España, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa (réxime dos traballadores independentes) e na Seguridade Social española como traballadora dependente, e iso porque trátase dun dos casos mencionados no anexo VII do citado Regulamento Comunitario.

No caso portugués, a traballadora terá que darse de alta no Réxime Xeral dos Traballadores Independentes, sendo ela mesma a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 A, punto 8 do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a traballadora tería que comunicar á Seguridade Social portuguesa, por serPortugal o seu país de residencia, que tamén está a traballar por conta allea en España.

Nota importante :

Unha vez que a traballadora efectúe contribucións á Seguridade Social española, poderá pedi-la exención de contribucións á Seguridade Social portuguesa. Para iso deberá dirixirse ó Centro Rexional de Seguridade Social da área da súa residencia onde se inscribirá como traballadora independente, solicitando, ó mesmo tempo, a exención de contribucións para este réxime.

Non obstante, a traballadora poderá optar por efectua-las contribucións en ámbolos dous países, beneficiándose dese xeito do réxime dos dous países.

b) Supoñamos que a traballadora ou algún membro da súa familia presenta certos síntomas que requiren de consulta médica. ÀOnde deberán dirixirse? ÀCales son os procedementos necesarios?

Nota importante:

A lexislación comunitaria non regula, no que respecta ó réxime das prestacións, cal é a lexislación aplicable no caso de que o traballador efectúe contribucións a países distintos.

1. A traballadora

(i) A traballadora poderá obter asistencia médica en Portugal, país onde reside e onde traballa por conta propia, mediante a presentación da súa cartilla de beneficiaria da Seguridade Social (sempre que optara polo réxime ampliado de Seguridade Social aplicable ós traballadores independentes.)

(ii) A traballadora poderá dirixirse ás autoridades españolas para solicita-la asistencia médica, unha vez que estea inscrita como traballadora dependente no sistema da Seguridade Social española. ó efecto, deberá presenta-lo documento acreditativo da súa inscrición na Seguridade Social española.


2. Os membros da familia, residentes en Portugal.

Segundo a lei portuguesa, son tamén beneficiarios da asistencia médica, os familiares ou asimilados do traballador, ou sexa, aqueles que convivan ou dependan del, sempre que:

- Non teñan dereito á asistencia médica por outro réxime.
- Non realicen actividade remunerada;
- Non obteñan rendementos ou pensións.

Os familiares que cumpran estes requisitos teñen dereito á asistencia médica en Portugal.

Poderán igualmente solicita-las as prestações em espécie às autoridades espanholas uma vez que a trabalhadora está inscrita na Segurança Social espanhola, sempre e quando os familiares cumpram cos requisitos exigidos pela legislação espanhola para serem considerados beneficiários.

Segundo a información facilitada polo Centro Rexional de Seguridade Social do Norte, a traballadora poderá obter asistencia médica tanto en Portugal como en España, sempre que efectúe contribucións para ámbolos dous países. Non obstante, a regra, nestes casos particulares, é que o traballador opte pola exención de contribucións no país onde exerza a actividade independente, unha vez que xa efectúe contribucións polo exercicio simultáneo dunha actividade dependente. Se así fora, o traballador terá dereito á asistencia médica no país onde exerce a actividade por conta allea.

c) Supoñamos que a traballadora atópase nunha situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade non profesional. ÀQuen estáría habilitado para concede-la baixa por enfermidade? ÀA que prestacións tería dereito a traballadora? ÀQuen soportará os gastos das prestacións concedidas?

Segundo o establecido na nota da cuestión b), podería ser un médico portugués ou un médico español os que concederan a baixa médica, sempre que a traballadora efectúe contribucións para ámbolos dous países. Se se optase pola exención, sería un médico español o que concedera a baixa médica, xa que é en España onde a traballadora efectúa as súas contribucións, en virtude do exercicio dunha actividade por conta allea.

En virtude da lexislación portuguesa, e como se trata do réxime aplicable ós traballadores independentes, a prestación económica consistiría nun subsidio equivalente ó 65% da remuneración de referencia.

ó efecto, os traballadores independentes deben ter a situación contributiva regularizada ata final do 3¼ mes i nmediatamente anterior ó da certificación da incapacidade.

O período de concesión iniciarase no 31¼ d&iac ute;a despois da data da certificación da incapacidade, e no 1¼ d&iac
O período de concesión será o establecido no Certificado de Incapacidade Temporal, ata o limite máximo de 365 días. No caso de tuberculose, terá duración ilimitada.

Nota:
Os traballadores independentes non teñen dereito ás prestacións compensatorias dos subsidios de festivos e de nadal.

A prestación é solicitada en modelo oficial existente ó efecto.