ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IX. Casos Prácticos
9.1.2. Prestacións Sociais Nas Situacións De Maternidade

- Prestación de asistencia médica.

- Prestación económica.

CASO PRáCTICO: TRABALLADORA CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA

A Sra. X, licenciada pola faculdade de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, traballa por conta propia no seu gabinete de enxeñería sito na cidade de Santiago de Compostela. ó mesmo tempo, traballa por conta allea nunha empresa privada portuguesa, con sede en Braga. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Galicia, regresando a súa casa tódolos días. Está embarazada.

CUESTIóNS

a) ÀEn que país e a que organismo pagará a traballadora as súas contribucións á Seguridade Social?

En España i en Portugal

En virtude do disposto no artigo 14 C do Regulamento CEE nº1408/71, a persoa, residente en España, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en Portugal, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa como traballadora por conta allea e na española dentro do Réxime de Traballadores Autónomos, e iso porque trátase dun dos casos mencionados no anexo VII do citado Regulamento Comunitario.
No caso español, a traballadora terá que darse de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia, sendo ela mesma a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 A, punto 8 do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a traballadora tería que comunicar á Tesorería Xeral da Seguridade Social, por ser España o seu país de residencia, que tamén está a traballar por conta allea en Portugal.

Sen embargo, feita unha consulta formal á Tesorería Xeral da Seguridade Social, este organismo considera que na medida en que esta persoa está cotizando en ámbolos dous países, non é necesario comunicar nada ás autoridades portuguesas.

b) Asistencia médica anterior e no momento do parto. Trámites.

Nota importante:

A normativa comunitaria non regula, con respecto ó réxime das prestacións, cal é a lexislación aplicable nos supostos de simultaneidade de cotizacións a distintos países.

Segundo a información suministrada pola Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, como regra xeral, o país que debe abona-las prestacións correspondentes é o de residencia, aínda que a persoa esté cotizando, ó mesmo tempo, para dous países. Sen embargo, esta non é unha norma ríxida posto que cada caso pode ter as súas particularidades, de tal maneira que, na práctica, o que recomendan as autoridades españolas é solicita-las prestacións a ámbolos dous países e que cada un deles resolva, motivando, no seu caso, porqué denega a prestación.

En base ó anterior, podemos concluir da seguinte maneira:

A traballadora poderá obte-la asistencia sanitaria en España, país onde reside e onde traballa por conta propia, mediante a presentación da súa cartilla da Seguridade Social (actualmente as persoas afiliadas ó Sistema da Seguridade Social española teñen una tarxeta sanitaria que os identifica).

Non obstante, recoméndase que a traballadora tamén se dirixa ás autoridades portuguesas para solicita-la asistencia sanitaria posto que está dada de alta, como traballadora por conta allea no sistema da Seguridade Social portuguesa. ó respecto, deberá presenta-lo documento que lle acredite como asegurada en Portugal.

No suposto de que lle denegaran a asistencia, terían que motivalo.

c) Prestacións económicas durante a baixa por maternidade. Requisitos para a concesión da baixa.

En virtude do disposto na lexislación española, os traballadores por conta propia incluidos no Réxime Especial teñen dereito á prestación por maternidade coa mesma extensión, térmos e condicións que os previstos para os traballadores do Réxime Xeral.

Con referencia ó contido da prestación económica á que a traballadora tería dereito, cabe menciona-los seguintes aspectos:

- Trátase dun subsidio destinado a compensa-la perda de rendas producida durante o período de suspensión do contrato de traballo por maternidade.

- A cuantía da prestación é do 100% da base reguladora

- Esíxese cumprir un determinado periodo de cotización para que nazca o dereito á prestación.

A prestación solicitaríase no modelo oficial establecido ó efecto.

OU VICEVERSA

CASO PRáCTICO: TRABALLADORA CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA

A Sra. X, licenciada pola faculdade de Enxeñería da Universidade do Minho, traballa por conta propia no seu gabinete de enxeñería sito na cidade de Braga. ó mesmo tempo, traballa por conta allea nunha empresa privada española, con sede en Santiago de Compostela. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Viana do Castelo, regresando a súa casa tódolos días. Está embarazada.

CUESTIóNS

a) ÀEn que país e a que organismo pagará a traballadora as súas contribucións á Seguridade Social?

En Portugal i en España.

En virtude do disposto no artigo 14 C do Regulamento CEE nº1408/71, a persoa, residente en Portugal, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en España, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa (réxime dos traballadores independentes) e na Seguridade Social española como traballadora dependente, e iso porque trátase dun dos casos mencionados no anexo VII do citado Regulamento Comunitario.
No caso portugués, a traballadora terá que darse de alta no Réxime Xeral dos Traballadores Independentes, sendo ela mesma a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 A, punto 8 do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a traballadora tería que comunicar á Seguridade Social portuguesa, por serPortugal o seu país de residencia, que tamén está a traballar por conta allea en España.

Nota importante :

Unha vez que a traballadora efectúe contribucións á Seguridade Social española, poderá pedi-la exención de contribucións á Seguridade Social portuguesa. Para iso deberá dirixirse ó Centro Rexional de Seguridade Social da área da súa residencia onde se inscribirá como traballadora independente, solicitando, ó mesmo tempo, a exención de contribucións para este réxime.

Non obstante, a traballadora poderá optar por efectua-las contribucións en ámbolos dous países, beneficiándose dese xeito do réxime dos dous países.

b) Asistencia médica anterior e no momento do parto. Trámites.

Nota importante:

A normativa comunitaria non regula, con respecto ó réxime das prestacións, cal é a lexislación aplicable nos supostos de simultaneidade de cotizacións a distintos países.

A traballadora poderá obter asistencia médica en Portugal, país onde reside e onde traballa por conta propia, mediante a presentación da súa cartilla de beneficiaria da Seguridade Social (sempre que optara polo réxime ampliado de Seguridade Social aplicable ós traballadores independentes.)

A traballadora poderá dirixirse ás autoridades españolas para solicita-la asistencia médica, unha vez que estea inscrita como traballadora dependente no sistema da Seguridade Social española. ó efecto, deberá presenta-lo documento acreditativo da súa inscrición na Seguridade Social española.

No caso de que a asistencia fose negada, as respectivas entidades terán que xustifica-la denegación.

Segundo a información facilitada polo Centro Rexional de Seguridade Social do Norte, a traballadora poderá obter asistencia médica tanto en Portugal como en España, sempre que efectúe contribucións para ámbolos dous países. Non obstante, a regra, nestes casos particulares, é que o traballador opte pola exención de contribucións no país onde exerza a actividade independente, unha vez que xa efectúe contribucións polo exercicio simultáneo dunha actividade dependente. Se así fora, o traballador terá dereito á asistencia médica no país onde exerce a actividade por conta allea.

c) Prestacións económicas durante a baixa por maternidade. Requisitos para a concesión da baixa.

En virtude do disposto na lexislación portuguesa, os traballadores por conta propia, incluidos no esquema amplo de protección, teñen dereito á prestación por maternidade nas mesmas condicións que as previstas para os traballadores por conta allea, com excepción do subsidio de Asistencia a Descendentes Doentes (este subsidio atribúese unicamente ós traballadores por conta allea).

Con referencia ó contido da prestación económica á que a traballadora tería dereito, cabe menciona-los seguintes aspectos:

- Trátase dun subsidio destinado a compensa-la perda de rendas producida durante o período de suspensión do contrato de traballo por maternidade.

- A cuantía da prestación é do 100% da remuneración de referencia, non puidendo ser inferior ó 50% do valor da remuneración mínima establecida para o sector de actividade da traballadora.

- é necesario cumprir 6 meses naturais, seguidos ou intercalados, con rexistro de remuneracións.

A prestación solicitaríase no modelo oficial establecido ó efecto.