CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA
O Sr. X traballa por conta propia na rama da hostelería. Posee un restaurante en Verín e unha cafetería en Chaves, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Verín, regresando a súa casa tódolos días.
Ten dous fillos, de 10 e 12 anos, que están o seu cargo. A súa esposa non exerce ninguna actividade profesional e, como consecuencia diso, non obté
- CUESTIóNS
a) ÀEn que país e a que organismo pagará o traballador as súas contribucións á Seguridade Social?
España.
En virtude do disposto no artigo 14 bis do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.
Neste suposto o traballador tense que dar de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social española posto que reside en Verín e exerce unha parte da súa actividade nese municipio, sendo el mesmo o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.
Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente española expedirá un certificado que acredite que o traballador está sometido á lexislación española e remitiría unha copia ás autoridades portuguesas.
b) ÀCales son os requisitos que se teñen que cumprir para que o traballador poida ter dereito ás prestacións por fillos a cargo?
- a) Que o interesado esté en alta ou situación asimilada á alta (no noso caso o traballador está en activo).
- b) Que teña o seu cargo algún fillo menor de 18 anos ou maior pero afectado por unha minusvalía igual ou superior ó 65% (no noso caso ten dous fillos de 10 e 12 anos).
- c) Que non perciba o traballador uns ingresos totais superiores a 1.288.653 pesetas (límite para o ano 2001). Non obstante esta cuantía increméntase nun 15% por cada fillo a partir do segundo, este incluido (no noso caso incrementaríase nese 15% por ter dous fillos).
Unha nota característica desta prestación regulada na lexislación española é que o seu nacemento é independente do periodo de cotización do traballador.
c) En que consiste a prestación recoñecida por fillos dependentes?
A partir don 1 de xaneiro do 2001, a cuantía das prestacións económicas da Seguridade Social por fillo a cargo, con dezaoito ou máis anos de idade e un grado de minusvalía igual ou superior ó 65 por 100, será de 487.980 pesetas (2.932,92 euros) anuais.
Cando o fillo a cargo teña unha idade de dezaoito ou máis anos e estea afectado por un grado de minusvalía igual ou superior ó 75 por 100, e necesite do concurso doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida, a cuantía da prestación será de 732.000 pesetas (4.399,44 euros) anuais.
No presente caso, como os fillos son menores de idade, se os ingresos do noso traballador non superan o límite anteriormente mencionado tería dereito a unha asignación económica de 48.420 pesetas por cada fillo.
d) À que autoridade se debe solicita-lo subsidio?
O traballador dirixirá a solicitude ó organismo español, isto é, á Dirección Provincial do INSS correspondente á provincia onde o traballador presta os seus servicios.
OU VICEVERSA
CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL NO NORTE DE PORTUGAL
O Sr. X traballa por conta propia na rama da hostelería. Posee un restaurante en Chaves e unha cafetería en Verín, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Chaves, regresando a súa casa tódolos días.
Ten dous fillos, de 10 e 12 anos, que están o seu cargo. A súa esposa non exerce ninguna actividade profesional e, como consecuencia diso, no obtén ingresos.
CUESTIóNS
a) En que país e a que organismo pagará o traballador as súas contribucións á Seguridade Social?
En Portugal.
En virtude do disposto no artigo 14 A do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.
Neste suposto o traballador tense que dar de alta no Réxime Xeral dos Traballadores Independentes posto que reside en Chaves e exerce unha parte da súa actividade nese lugar, sendo el mesmo o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.
Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 A, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente portuguesa expedirá un certificado que acredite que o traballador está sometido á súa lexislación e remitiría unha copia ás autoridades españolas.
b) ÀCales son os requisitos que se teñen que cumprir para que o traballador poida ter dereito ás prestacións por fillos a cargo?
De acordo coa lexislación portuguesa, dado que os fillos do traballador teñen dez e doze anos atribúese un subsidio ó beneficiario, ou sexa ó traballador independente.
O beneficiario das prestacións ten que ter rexistro de remuneracións, seguidos ou salteados, verificadas (contadas) nos 12 meses que preceden o 2 mes a nterior á data de presentación da solicitude.
O prazo para presenta-la solicitude é de 6 meses a partir do mes seguinte a aquel en que ocorreu o feito determinante da súa concesión, en modelo oficial, acompañado dos documentos de proba nel indicados.
O subsidio familiar a nenos e mozos é concedido ós descendentes do beneficiario ata a idade de 16 anos; dos 16 ata os 18 anos se estiveren inscritos no ensino básico ou equivalente; dos 18 ata os 21 anos se estiveren inscritos no ensino secundario ou equivalente; dos 21 ata os 24 anos se estiveren inscritos no ensino superior ou equivalente; ata os 24 anos, se se trata de persoas portadoras de deficiencia, e se cumpren as condicións de atribución da bonificación por deficiencia do subsidio familiar a nenos e mozos.
c) ÀEn que consiste a prestación recoñecida por fillos dependentes?
As prestacións familiares, atribuidas a título de subsidio a nenos e mozos son variables e veñen establecidas en Decreto.
Ademáis veñen determinadas en función do nivel de rendementos dos membros da familia, do nº de titulares con dereito ó subsidio e da idade dos titulares con dereito á prestación.
Os dous fillos teñen dereito ó subsidio, mensualmente, durante todo o ano.
O subsidio atribuído será como máximo 4.960 Escudos por cada dependente, dependendo do nivel de rendementos do agregado familiar.
Para determina-la cuantía do subsidio encóntranse establecidos os seguintes escalóns de rendementos, indexados ó valor de remuneración mínima mensual (Esc. 67.000):
1º escalón: rendementos iguais ou inferiores a Esc. 1.407.000
2º escalón: entre Esc 1.407.000 e Esc. 7.504.000
3º escalón: superior 7.504.000
d) À que autoridade se debe solicita-lo subsidio?
O traballador deberá solicitar ó organismo portugués, isto é, á Dirección Rexional de Seguridade Social da área onde o traballador presta os seus servicios.
Para solicita-las prestacións por fillos a cargo será necesario cumplimenta-lo modelo establecido ó efecto, onde constan tódolos documentos que teñen que presentarse.
|