ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IX. Casos Prácticos
9.1.4. Invalidez

CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA

O Sr. X traballa por conta propia na rama da construcción civil. Posee un astilleiro en Pontevedra e outro en Ponte de Lima, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Pontevedra, regresando a súa casa tódolos días.

Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador quedou incapacitado para o traballo.

CUESTIóNS

a) À Cal é a lexislación aplicable?

A lei española.

En virtude do disposto no artigo 14 bis do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.

Neste suposto o traballador tense que dar de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social española posto que reside en Verían e exerce unha parte da súa actividade nese municipio, sendo el mesmo o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente española expedirá un certificado que acredite que o traballador está sometido á lexislación española e remitirá unha copia ás autoridades portuguesas.

b) Prestacións en especie i económicas ás que ten dereito.

(i) O traballador obterá a asistencia sanitaria en España, país onde reside e onde cotiza, mediante a presentación da súa cartilla da Seguridade Social (actualmente as persoas afiliadas ó Sistema da Seguridade Social española teñen una tarxeta sanitaria que os identifica).

(ii) Prestacións económicas segundo o grado de incapacidade permanente:

1. Incapacidade permanente total para a profesión habitual

A Dirección Provincial do INSS declarará este grado de incapacidade cando o traballador esté impedido para a realización de tódalas tarefas Ñou das fundamentaisÑ da súa profesión habitual, sempre e cando se poida dedicar a outra profesión distinta.

- Se a incapacidade permanente deriva dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo mínimo de cotización que variará segundo o traballador sexa maior ou menor de 26 anos.

- Se deriva de continxencias profesionais ou de accidente non laboral, non se esixe ningún periodo de cotización.

A prestación determínase da seguinte maneira:

- O 55 % da base reguladora, que se incrementa nun 20 % (Incapacidade permanente total cualificada) cando a persoa traballadora cumpra os 55 anos, non realice traballos e a falta de preparación e mailas circunstancias sociais e laborais fagan previsible a dificultade de que atope un novo emprego.

- Excepcionalmente, pode ser substituída por unha indemnización consistente nunha cantidade a tanto alzado equivalente a 40 mensualidades da base reguladora.

2. Incapacidade permanente absoluta para todo traballo.

A Dirección Provincial do INSS declarará este grado de incapacidade cando o traballador esté impedido para a realización de toda profesión ou oficio.

- Se a incapacidade permanente deriva dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo mínimo de cotización que variará segundo o traballador sexa maior ou menor de 26 anos.

- Se deriva de continxencias profesionais ou de accidente non laboral, non se esixe ningún periodo de cotización.


A prestación consiste nunha pensión vitalicia do 100% da base reguladora
OU V
3. Grande invalidez

A Dirección Provincial do INSS declarará a situación de grande invalidez se o traballador inválido do noso caso precisa da asistencia dunha terceira persoa para realiza-los actos máis elementais da vida diaria.

- Se a incapacidade permanente deriva dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo mínimo de cotización que variará segundo o traballador sexa maior ou menor de 26 anos.

- Se deriva de continxencias profesionais ou de accidente non laboral, non se esixe ningún periodo de cotización.

A prestación consiste nunha pensión vitalicia do 150% da base reguladora. Non obstante, poderá sustituirse o 50% por coidados en réxime de internado nunha institución asistencial p&u

OU VICEVERSA

CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL NO NORTE DE PORTUGAL

O Sr. X traballa por conta propia na rama da construcción civil. Posee un astilleiro en Ponte de Limia e outro en Pontevedra, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Ponte de Limia, regresando a súa casa tódolos días.

Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador quedou incapacitado para o traballo.

CUESTIóNS

a) ÀCal é a lexislación aplicable?

Lexislación Portuguesa.

En virtude do disposto no artigo 14 A do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.

Neste suposto o traballador tense que dar de alta no Réxime Xeral dos Traballadores Independentes posto que reside en Ponte de Limia e exerce unha parte da súa actividade nese lugar, sendo el mesmo o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente portuguesa expedirá un certificado que acredite que o traballador está sometido á súa lexislación e remitiría unha copia ás autoridades españolas.

b) Prestacións en especie i económicas ás que ten dereito.

(i) O Sr. X ten dereito á asistencia médica en Portugal, país onde reside e onde efectúa as suas contribucións, mediante a presentación da súa cartilla de beneficiario.

(ii) O recoñecemento do dereito ás pensións de invalidez depende da certificación da situación de invalidez.

A situación de incapacidade permanente ten que ser confirmada polos Servicios de Verificación de Incapacidades (SVI).

A invalidez é a incapacidade permanente para o traballo, por causa non profesional, posterior a súa inscrición na seguridade social, confirmada polo Sistema de Verificación de Incapacidades (SVI).

Considérase en situación de incapacidade permanente á persoa beneficiaria que non poida obter, na súa profesión, máis dun tercio da remuneración correspondente o seu exercicio normal.
.
En canto ás prestacións pecuniarias, o Sr. X ten dereito a unha pensión de invalidez.

O prazo de garantía para a atribución das pensións de invalidez é de 5 anos civís, seguidos ou intercalados, co rexisto de remuneracións.

Son considerados os anos civís en que o total de días con rexisto de remuneracións sexa igual ou superior a 120 días.

No caso de que o traballador teña esgotado o período de 1095 dias de rexistro de remuneracións, nos casos de enfermidade, se ocorre unha situación de incapacidade permanente para o traballo, non é esixible o prazo de garantía.

O valor mensual da pensión ó pensión reglamentaria ó é igual à suma da pensión estatutaria coas actualizacións periódicas e os incrementos de actividade acumulados.

A remuneración de referencia a efectos de cálculo da pensión de invalidez é definida pola fórmula R/140, na que R representa o total das remuneracións dos 10 anos civís a que correspondan as remuneracións máis elevadas, comprendidos nos últimos 15 anos con rexisto das mesmas e actualizadas mediante Decreto. A pensión estatutaria resultante daquela fórmula é igual o 2% daremuneración media polo número da anos con rexistro de remuneracións.