CASO PRáCTICO: TRABALLADORA CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA
A Sra. X traballa por conta propia na rama da actividade de perruquería e instituto de beleza. Posee un gabinete de estética en Tui e unha perruquería en Valença, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Tui, regresando a ela tódolos días.
CUESTIóNS
Supoñendo que a Sra. X alcanza a idade de 65 anos o próximo mes, plantéxanse as seguintes cuestións:
a) ÀCal é a lexislación aplicable?
(i) Con respecto ás cotizacións, cómpre dicir que a traballadora ten que efectua-los descontos en España.
En virtude do disposto no artigo 14 bis do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.
Neste suposto a traballadora tense que dar de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social española posto que reside en Verín e exerce unha parte da súa actividade nese municipio, sendo ela mesma a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.
Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente española expedirá un certificado que acredite que a traballadora está sometida á lexislación española e remitirá unha copia ás autoridades portuguesas.
(ii) Con relación á lexislación en materia de prestacións, a normativa aplicable é a española posto que é o país onde cotiza.
b) ÀA Sra. X está en situación de solicita-la pensión de xubilación cando cumpra os 65 anos?
Sí, posto que segundo a lexislación española esta é a idade xenérica de xubilación.
Ademáis a traballadora está afiliada e en situación de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos no momento en que cumpre os 65 anos.
Non obstante, para que nazca o dereito a traballadora ten que ter 15 anos cotizados e polo menos dous deben estar comprendidos dentro dos 15 anos anteriores ó momento de solicita-la pensión.
c) Prestacións económicas ás que ten dereito.
A traballadora deberá dirixi-la solicitude á Dirección Provincial do INSS na provincia de Pontevedra polo feito de desempeña-lo seu traballo na cidade de Tui a través dun modelo normalizado de solicitude.
A contía da prestación ven determinada polo importe da base reguladora e o número de anos cotizados, e vai desde: o 50 % da base reguladora por 15 anos de cotización ata o 100 % por 35 anos.
OU VICEVERSA
CASO PRáCTICO: TRABALLADORA CON RESIDENCIA HABITUAL NO NORTE DE PORTUGAL
A Sra. X traballa por conta propia na rama da actividade de perruquería e instituto de beleza. Posee un gabinete de estética en Valença e unha perruquería en Tui, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Valença, regresando a ela tódolos días.
CUESTIóNS
Supoñendo que a Sra. X alcanza a idade de 65 anos o próximo mes, plantéxanse as seguintes cuestións:
a) ÀCal é a lexislación aplicable?
A lexislación portuguesa.
En virtude do disposto no artigo 14 A do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.
Neste suposto a traballadora tense que dar de alta no Réxime Xeral de Seguridade Social dos Traballadores Independentes portugués posto que reside en Valença e exerce unha parte da súa actividade nese lugar, sendo ela mesma a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.
Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 A, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente portuguesa expedirá un certificado que acredite que a traballadora está sometida á súa lexislación e remitirá unha copia ás autoridades españolas.
Con relación á lexislación en materia de prestacións, a normativa aplicable é a portuguesa posto que é o país onde reside e onde cotiza.
b) A Sra. X está en situación de solicita-la pensión de xubilación cando cumpra os 65 anos?
A Sra. xxx está en situación de solicita-la pensión de xubilación ós 65 anos de acordo coa lexislación portuguesa.
Non obstante, ten que ter efectuados descontos para a Seguridade Social durante, polo menos, 15 anos civís, seguidos ou salteados, con rexistro de remuneracións, para calquer sistema de Seguridade Social, portugués ou estranxeiro.
c) Prestacións económicas ás que ten dereito.
A traballadora deberá dirixi-la súa solicitude ó Centro Rexional da Seguridade Social da área de Valença, xa que é donde desempeña a súa actividade, a través do modelo oficial.
A efectos do cumprimento do prazo de garantía, considéranse os anos civís en que o total de días de rexistro de remuneracións sexa igual ou superior a 120. Cando sexa necesario, pode acudirse á suma dos días correspondentes a anos con número de rexistro de remuneracións inferior a 120, dándose por cumprido un ano civil por cada grupo de 120 días.
A cuantía da prestación é igual ó 2% da remuneración media por cada ano natural con rexistro de remuneracións.
|