ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IX. Casos Prácticos
9.1.6. Accidentes De Traballo

CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA

O Sr. X, licenciado polo Instituto Profesional de Decoración de Vigo, traballa por conta propia nun gabinete de decoración sito na cidade de Vigo. ó mesmo tempo, traballa por conta allea nunha empresa privada portuguesa, con sede en Caminha. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Galicia, regresando a ela tódolos días.

CUESTIóNS

Supoñendo que o Sr. X é víctima dun accidente de traballo nunha restauración que está a realizar por conta propia.

a) ÀCal é a lexislación aplicable?

(i) Con respecto ás cotizacións, cómpre dicir que o traballador ten que efectua-los descontos tanto en España coma en Portugal.

En virtude do disposto no artigo 14 quáter do Regulamento CEE ná1408/71, a persoa, residente en España, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en Portugal, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa como traballadora por conta allea e na española dentro do Réxime de Traballadores Autónomos, e iso porque trátase dun dos casos mencionados no anexo VII do citado Regulamento Comunitario.

No caso español, o traballador terá que darse de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia, sendo el mesmo o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 8 do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, o traballador tería que comunicar á Tesorería Xeral da Seguridade Social, por ser España o seu país de residencia, que tamén está a traballar por conta allea en Portugal.

Sen embargo, feita unha consulta formal á Tesorería Xeral da Seguridade Social, este organismo considera que na medida en que esta persoa está cotizando en ámbolos dous países, non é necesario comunicar nada ás autoridades portuguesas.

(ii) Con relación á lexislación en materia de prestacións, a normativa aplicable neste caso é a española, posto que o accidente está relacionado co traballo por conta propia que desenrola en España.

b) ÀCal é o Estado competente paraoó recoñecemento da prestación á que terá dereito o Sr. X como consecuencia do accidente de traballo?

O Estado competente é España, e a prestación económica a que tería dereito consistiría nun subsidio equivalente ó 60% desde os días 15 ó 20 de baixa, ambos inclusive, e ó 75% a partir do día 21 de baixa.

c) ÀCales son as prestacións ás que o Sr. X terá dereito se como consecuencia do accidente resulta reducida a súa capacidade de traballo?

O Réxime de Autónomos non cubre as continxencias de invalidez permanente parcial, nin lesións permanentes non invalidantes.

1. Incapacidade permanente total para a profesión habitual

A Dirección Provincial do INSS declarará este grado de incapacidade cando o traballador esté impedido para a realización de tódalas tarefas Ñou das fundamentaisÑ da súa profesión habitual, sempre e cando se poida dedicar a outra profesión distinta.

- Se a incapacidade permanente deriva dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo mínimo de cotización que variará segundo o traballador sexa maior ou menor de 26 anos.

- Se deriva de continxencias profesionais ou de accidente non laboral, non se esixe ningún periodo de cotización.

A prestación determínase da seguinte maneira:

a) O 55 % da base reguladora, que se incrementa nun 20 % (Incapacidade permanente total cualificada) cando a persoa traballadora cumpra os 55 anos, non realice traballos e a falta de preparación e mailas circunstancias sociais e laborais fagan previsible a dificultade de que atope un novo emprego.

b) Excepcionalmente, pode ser substituída por unha indemnización consistente nunha cantidade a tanto alzado equivalente a 40 mensualidades da base reguladora.

2. Incapacidade permanente absoluta para todo traballo.

A Dirección Provincial do INSS declarará este grado de incapacidade cando o traballador esté impedido para a realización de toda profesión ou oficio.

- Se a incapacidade permanente deriva dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo mínimo de cotización que variará segundo o traballador sexa maior ou menor de 26 anos.

- Se deriva de continxencias profesionais ou de accidente non laboral, non se esixe ningún periodo de cotización.

A prestación consiste nunha pensión vitalicia do 100% da base reguladora

3. Grande invalidez

A Dirección Provincial do INSS declarará a situación de grande invalidez se o traballador inválido do noso caso precisa da asistencia dunha terceira persoa para realiza-los actos máis elementais da vida diaria.

- Se a incapacidade permanente deriva dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo mínimo de cotización que variará segundo o traballador sexa maior ou menor de 26 anos.

- Se deriva de continxencias profesionais ou de accidente non laboral, non se esixe ningún periodo de cotización.

A prestación consiste nunha pensión vitalicia do 150% da base reguladora. Non obstante, poderá sustituirse o 50% por coidados en réxime de internado nunha institución asistencial pública.

OU VICEVERSA

CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL NO NORTE DE PORTUGAL

O Sr. X, licenciado polo Instituto Profesional de Decoración de Caminha, traballa por conta propia nun gabinete de decoración sito na cidade de Caminha. ó mesmo tempo, traballa por conta allea nunha empresa privada española, con sede en Vigo. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Caminha, regresando a ela tódolos días.

CUESTIóNS

Supoñendo que o Sr. X é víctima dun accidente de traballo nunha restauración que está a realizar por conta propria.

a) ÀCal é a lexislación aplicable?

A lexislación portuguesa e a española.

En virtude do disposto no artigo 14 C do Regulamento CEE nº1408/71, a persoa, residente en Portugal, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en España, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa (réxime dos traballadores independentes) e na Seguridade Social española como traballadora dependente, e iso porque trátase dun dos casos mencionados no anexo VII do citado Regulamento Comunitario.

Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12º A, punto 8 do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, o traballador tería que comunicar á Seguridade Social portuguesa, por serPortugal o seu país de residencia, que tamén está a traballar por conta allea en España.

b) ÀCal é o Estado competente para o recoñecemento da prestación á que terá direito o Sr. X como consecuencia do accidente de traballo?

Para dar resposta a esta cuestión procede distinguir entre as prestacións en especie (asistencia médica) i económicas ás que o traballador terá dereito.

Con respecto ás prestacións ás que o traballador terá direito, será aplicable a lexislación portuguesa, xa que o accidente está relacionado co traballo por conta propia que exerce en Portugal.

O traballador poderá obte-la asistencia médica tanto en Portugal como en España.

En Portugal, recibirá asistencia médica presentando a súa tarxeta de beneficiario da seguridade social.

En España, recibirá asistencia médica presentando a tarxeta da Seguridade Social.

Finalmente, cómpre sinalar que as condicións e ámbito da asistencia médica que o traballador poida recibir en España, estarán de acordo co disposto na lexislación dese país.

En canto ás prestacións económicas ás que o traballador terá direito, a lexislación aplicable é a portuguesa, sendo abonadas pola Empresa Aseguradora (institución portuguesa). Hai que lembar que a eventualidade en canto ós accidentes de traballo non está integrada no réxime da seguridade social.

Nota:

- Cando o traballador accidentado fora, simultáneamente, traballador independente e traballador por conta allea, e haxa dúbidas sobre o réxime aplicable ó accidente, presumirase, salvo proba en contra, que o accidente ocorreu ó servicio da entidade empregadora.
- Se se proba que o accidente de traballo ocorreu cando o traballador accidentado exercía funcións de traballador independente, a entidade que se presume responsable nos termos do punto anterior adquire o dereito de regreso contra a empresa de seguros do trabalhador independente ou contra o propio traballador.

c) ÀCales son as prestacións ás que o Sr. X terá dereito se como consecuencia do accidente resulta reducida a súa capacidade de traballo?

O Sr. X terá dereito ás seguintes prestacións:

  • a) Na incapacidade permanente absoluta para todo tipo de traballo: pensión anual e vitalicia igual ó 80% da retribución, incrementada no 10% por cada familiar a cargo, ata o límite da retribución e subsidio por situacións de elevada incapacidade permanente;
  • b) Na incapacidade permanente absoluta para o traballo habitual: pensión anual e vitalicia comprendida entre o 50% e o 70% da retribución, conforme a maior ou menor capacidade funcional residual para o exercicio doutra profesión compatible e subsidio por situacións de elevada incapacidade permanente;
  • c) Na incapacidade permanente e parcial a 30%: pensión anual e vitalicia correspondente ó 70% da reducción sofrida na capacidade xeral de ganancia e subsidio por situacións de elevada incapacidade permanente, en caso de incapacidade permanente parcial igual ou superior ó 70%;
  • d) Na incapacidade permanente parcial inferior a 30%: capital de rescate dunha pensión anual e vitalicia correspondente ó 70% da reducción sofrida na capacidade xeral de ganancia.
  • e) Na incapacidade temporal e absoluta: indemnización igual ó 70% da retribución;
  • f) Na incapacidade temporal parcial: indemnización diaria igual ó 70% da reducción sofrida na capacidade xeral de ganancia.

As indemnizacións abónanse mentras o sinistrado estea en réxime de tratamento ambulatorio ou de rehabilitación profesional; pero reduciranse a 45% durante o período de internamento hospitalario ou durante o tempo en que corran por conta da entidade empregadora ou seguradora os gastos como asistencia clínica e alimentos do mesmo accidentado, se estivera solteiro, non convivira de feito ou non tivera fillos ou outras persoas o seu cargo.