CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL EN GALICIA
O Sr. X traballa por conta propia na rama da música. Posee unha escola de música en Tui e outra escola en Valença, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Tui, regresando a ela tódolos días.
O día 5 de Febreiro, cando regresaba a súa casa en Tui, depois de ir ensinar unha lección de coro, morre nun accidente de tráfico. Deixa viúva e un fillo menor.
CUESTIóNS
a) ÀCal é a lexislación aplicable?
(i) Con respecto ás cotizacións, cómpre dicir que o traballador ten que efectua-los descontos en España.
En virtude do disposto no artigo 14 bis do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.
Neste suposto o traballador tense que dar de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social española posto que reside en Verín e exerce unha parte da súa actividade nese municipio, sendo el mesmo o responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.
Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 bis, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente española expedirá un certificado que acredite que o traballador está sometido á lexislación española e remitiría unha copia ás autoridades portuguesas.
(ii) Con relación á lexislación en materia de prestacións, a normativa aplicable é a española posto que é o país onde cotiza.
b) De acordo coa lexislación aplicable Àquenes son os beneficiarios do subsidio por morte? ÀCal é o montante desta prestación? ÀCales son os requisitos necesarios para a solicitude da mesma?
(i) Os beneficiarios son aquelas persoas que soportaron os gastos do sepelio do traballador falecido.
A Lei española presume que eses gastos son satisfeitos por:
- O conxuxe do traballador.
- Os fillos.
- Os parentes que conviviran con él habitualmente.
Non obstante, é unha presunción que admite proba en contra, de tal maneira que pode acreditarse que foron outras persoas as que correron con tódolos gastos do sepelio.
(ii) Os beneficiarios dirixirán a solicitude á Dirección Provincial do INSS na provincia de Pontevedra por ser nela onde realizou o seu traballo o causante, a través dun modelo normalizado de solicitude.
(iii) A prestación consiste na entrega dunha cantidade que varía segundo quen sexa o beneficiario:
- Cando o beneficiario sexa o conxuxe, un fillo ou un parente que convivira co traballador, terá dereito a percibir 5000 pesetas.
- Cando o beneficiario non sexa algunha das persoas anteriormente mencionadas entón percibirá unha cantidade equivalente ó importe dos gastos ocasionados polo sepelio sempre que non excedan do tope máximo de 5000 pesetas, debendo recibir menos desa cantidade se os gastos foron inferiores.
<
c) De acordo coa lexislación aplicable Àquenes son os beneficiarios da pensión de supervivencia? ÀCal é o montante desta prestación? ÀCales son os requisitos necesarios para a solicitude da mesma?
1. Pensión de viudedade e orfandade
(i) Pensión de viudedade:
Son beneficiarios:
a) O viúvo ou viúva.
b) Sempre que existira un vínculo matrimonial, separación xudicial ou divorcio, o cónxuxe sobrevivente se o matrimonio fose declarado nulo, sen apreciación de mala fe pola súa parte.
A contía da pensión será o 45 % da base reguladora do falecido, que variará segundo o motivo da morte ou da condición do suxeito.
Non obstante, existen unhas contías mínimas mensuais, en función da idade dos beneficiarios que se revalorizan anualmente.
(ii) Pensión de orfandade.
Terán dereito á pensión de orfandade:
a) Os fillos do falecido menores de 18 anos ou maiores incapacitados na data do falecemento, calquera que sexa a súa filiación.
b) Os fillos adoptivos do falecido, sempre que a adopción tivese lugar, polo menos, con dous anos de antelación á data do falecemento.
c) Os fillos do cónxuxe sobrevivente dados ó matrimonio, menores de idade e maiores incapacitados, sempre que este se celebrara dous anos antes do falecemento do causante, que convivisen ás súas expensas e que, ademais, non teñan dereito a outra pensión da Seguridade Social, nin queden familiares con obriga ou posibilidade de prestarlles alimentos, segundo a lexislación civil.
d) Os fillos do falecido menores de 21 anos ou de 23 se non sobreviviran ningún dos pais, cando non desempeñen traballos lucrativos por conta allea ou propia, ou ben os ingresos que obteñan por estes traballos, en cómputo anual, resulten inferiores ó 75 % da contía do salario mínimo que se fixe en cada momento.
A contía da pensión será para cada orfo a equivalente ó 20 % da base reguladora que serviu para determina-la pensión de viuvez, que pode incrementarse co 45 % correspondente á pensión de viuvez se non existe cónxuxe sobrevivente. Cando concorran nun mesmo beneficiario pensións derivadas do pai e da nai, o incremento previsto por orfandade absoluta só se lle aplicará ás pensións orixinadas por un deles.
A contía determinarase en función da causa da morte e da condición do falecido
2. Pensión en favor de familiares
Outorgánselles ós familiares por consanguinidade que non poidan acceder ás pensións de viuvez (STS do 20-12-93) ou de orfandade.
Nos regulamentos de desenvolvemento da LXSS determínanse aqueloutros familiares ou asimilados que, reunindo as condicións que para cada un deles se establezan logo de proba-la súa dependencia económica do falecido, terán dereito a pensión ou subsidio trala morte deste.
En todo caso, recoñeceráselle-lo dereito á pensión ós fillos ou irmáns dos beneficiarios de pensións contributivas de xubilación e invalidez cando Ñnos termos que se establezan nos regulamentosÑ se dean as seguintes circunstancias:
- a) Ter convivido co causante e ó seu cargo.
- b) Ser maiores de 45 anos solteiros, divorciados ou viúvos.
- c) Acredita-la dedicación prolongada ó coidado do causante.
- d) Carecer de medios propios de vida.
Requisitos que debe reunir:
- Se o causante é un traballador afiliado e coa alta ou nunha situación asimilada á alta, debe ter cubertos 500 días de cotización nos últimos cinco anos anteriores ó falecemento se a causa se debese a unha enfermidade común.
- Convivencia co causante con dous anos de antelación á data do falecemento.
- Dependencia económica do suxeito causante.
- Non ter dereito a outra pensión pública.
- Carencia de medios de subsistencia e que non queden familiares coa obriga e posibilidade de lles prestar alimentos.
A contía da prestación será do 20 % da base reguladora prevista para a pensión de viuvez e orfandade, que pode incrementarse co 45 % da pensión de viuvez se o falecido non tivese cónxuxe e fillos sobreviventes no momento do feito causante. O 45 % pasará a incrementa-la contía da prestación dos netos e irmáns e, en ausencia destes, a dos ascendentes e fillos ou irmáns do pensionista, maiores de 45 anos.
3. Lugar onde debe presentarse a solicitude:
Os beneficiarios da pensión de viudedade, de orfandade e da prestación en favor de familiares deberán solicitalas ó organismo español, isto é, á Dirección Provincial do INSS correspondente á provincia onde o traballador falecido executaba o seu traballo. Utilizaría o modelo establecido na lexislación española.
4. Requisitos de cotización
- Se o traballador do caso morreu como consecuencia dunha enfermidade común, será necesario acreditar un periodo de cotización de 500 días dentro dos 5 anos inmediatamente anteriores á data de falecemento, para que a viúva e o fillo poidan ter dereito ás correspondentes prestacións.
- Se o traballador morreu como consecuencia dun accidente, sexa de traballo ou non ou ben dunha enfermidade profesional, entón a lei española non esixe ningún periodo previo de cotización.
OU VICEVERSA
CASO PRáCTICO: TRABALLADOR CON RESIDENCIA HABITUAL NO NORTE DE PORTUGAL
O Sr. X traballa por conta propia na rama da música. Posee unha escola de música en Valença e outra escola en Tui, onde se despraza diariamente. Esta persoa ten a súa residencia habitual en Valença, regresando a ela tódolos días.
O día 5 de Febreiro, cando regresaba a súa casa en Valença, depois de ir ensinar unha lección de coro, morre nun accidente de tráfico. Deixa viúva e un fillo menor.
CUESTIóNS
a) Cal é a lexislación aplicable?
A lexislación portuguesa
En virtude do disposto no artigo 14 A do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro.
Neste suposto o traballador tense que dar de alta no Réxime Xeral de Seguridade Social dos Traballadores Independentes portugués posto que reside en Valença e exerce unha parte da súa actividade nese lugar, sendo el mesmo a responsable do ingreso efectivo da totalidade das cotas na Seguridade Social.
Asimesmo, segundo o establecido no artigo 12 A, punto 2 a) do Regulamento Comunitario de aplicación número 574\72, a autoridade competente portuguesa expedirá un certificado que acredite que o traballador está sometido á súa lexislación e remitirá unha copia ás autoridades españolas.
Con relación á lexislación en materia de prestacións, a normativa aplicable é a
portuguesa posto que é o país onde cotiza.
b) De acordo coa lexislación aplicable Àquenes son os beneficiarios do subsidio por morte? ÀCal é o montante desta prestación? ÀCales son os requisitos necesarios para a solicitude da mesma?
(i) O subsidio por morte atribúese ós seguintes familiares:
- Cónxuxe e ex-cónxuxes;
- Persoa que vivira, máis de 2 anos, en situación idéntica á dos cónxuxes, co beneficiario non casado ou separado xudicialmente e a quen se lle recoñecera, por sentencia xudicial, o dereito a alimentos contemplado na herdanza do falecido;
- Descendentes, e;
- Ascendentes que estean a cargo do beneficiario falecido, no caso de non existir cónxuxe, ex-cónxuxe e descendentes con dereito á mesma pensión.
A falta destes familiares poderá atribuirse a outros parentes, afíns ou equiparados do beneficiario en liña recta ou colateral ata o 3º grado, sempre que estivese o seu cargo no momento da súa morte.
(ii) O montante será equivalente a 6 veces o valor da remuneración media mensual dos 2 mellores anos dos últimos 5 con rexistro de remuneracións, tendo como límite mínimo 6 veces o salario mínimo nacional.
Se non existisen familiares con dereito ó Subsidio por Morte, a persoa que probe que pagou os gastos do funeral do beneficiario pode ser reembolsada deses gastos ata o valor do respectivo subsidio.
(iii) Os beneficiarios deberán dirixi-la solicitude ó Centro Rexional da Seguridade Social de Valença, xa que aquí foi onde realizou o seu traballo o causante, mediante un modelo normalizado de solicitude, cos documentos de proba nel indicados.
c) De acordo coa lexislación aplicable Àquenes son os beneficiarios da pensión por supervivencia? ÀCal é o montante desta prestación? ÀCales son os requisitos necesarios para a solicitude da mesma?
(i) A pensión por supervivencia é atribuída ós seguintes familiares:
- Cónxuxe e ex-cónxuxes;
- Persoa que vivira, máis de 2 anos, en situación idéntica á dos cónxuxes, co beneficiario non casado ou separado xudicialmente e a quen se lle recoñecera, por sentencia xudicial, o dereito a alimentos contemplado na herdanza do falecido;
- Descendentes, e;
- Ascendentes que estean a cargo do beneficiario falecido, no caso de non existir cónxuxe, ex-cónxuxe e descendentes con dereito á mesma pensión.
A falta destes familiares poderá atribuirse a outros parentes, afíns ou equiparados do beneficiario en liña recta ou colateral ata o 3º grado, sempre que estivese o seu cargo no momento da súa morte.
(ii) O montante determínase pola aplicación de porcentaxes ó valor da pensión do traballador ou ó montante que sería recoñecido á data do falecemento.
No caso en concreto, a porcentaxe aplicada á viúva será do 60%, se non existira ex-cónxuxe e do 20% no caso do fillo único do matrimonio.
(iii) A pensión de supervivencia atribúese se o traballador tivera cumprido un prazo de garantía de 36 meses con rexistro de remuneracións.
|