II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
|
||
2.2 O empresario individual. | ||
2.2.2 Responsabilidade Como sinalamos anteriormente, o empresario individual responde das débedas da empresa coa totalidade dos seus bens presentes e futuros. Polo tanto, non existe separación entre o patrimonio persoal e o da empresa. A responsabilidade é ilimitada. é por iso importante ter en conta a posibilidade de constituir sociedades unipersonais anónimas ou de responsabilidade limitada, das que falaremos máis adiante, nas cales a responsabilidade do empresario limítase ós bens aportados á sociedade. No caso de matrimonio, o cónxuxe empresario non pode afectar u obrigar coa súa xestión mercantil os bens privativos do outro cónxuxe se non conta co consentemento expreso dese. Para afecta-los bens gananciais tamén se precisa o consentemento do outro cónxuxe, pero presúmese que se prestou cando se exerza o comercio co coñecemento e sen oposición expresa do outro cónxuxe ou cando ó contraer matrimonio un dos esposos estivese exercendo o comercio e o continuara sen oposición do outro. Os actos de consentemento, oposición e revocación, para que xurdan efectos frente a terceiros, haberán de constar en escritura pública inscrita no Rexistro Mercantil. Todo o anteriormente dito pode modificarse polos pactos contidos en capitulacións matrimoniais inscritas no Rexistro Mercantil. |