II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
2.2 O empresario individual.

2.2.4.1 Sociedades unipersonais anónimas e limitadas (España).

Desde 1995, a lexislación española permite que as sociedades anónimas e limitadas teñan un único socio, ben desde a súa constitución, ben como consecuencia da adquisición posterior de tódalas accións ou participacións por un só socio.

Estas sociedades, sempre que cumpran os requisitos legalmente establecidos, e, particularmente, a inscrición no Rexistro Mercantil do seu carácter unipersoal, teñen limitada a súa responsabilidade, é dicir, os socios non teñen responsabilidade persoal polas deudas da sociedade.

Entre outras obrigas, destacan as de facer consta-la condición de unipersoal en tódala súa documentación, correspondencia, notas de pedido, facturas e anuncios que teña que publicar por disposición legal ou estatutaria, así como a de levar un libro no que se recollan tódolos contratos entre o socio único e a sociedade.

Polo demáis, as sociedades unipersoais teñen en xeral as mesmas características e deben cumpri-los mesmos requisitos que as demáis sociedades anónimas e limitadas. Poden destacarse as seguintes:

- Deben ser constituidas en escritura pública, que se inscribirá no Rexistro Mercantil. O mesmo sucede coas operacións máis importantes que afecten posteriormente á sociedade (modificacións de estatutos, variacións do capital social, fusións e escisións, etc.).

- Teñen un capital social mínimo (500.000 pesetas nas sociedades limitadas e 10.000.000 de pesetas nas anónimas).

- Para a súa constitución é necesario que soliciten ó Rexistro Mercantil Central unha certificación acreditativa de que a súa denominación social non coincide coa de outras sociedades.

- Deben ser rexidas por administradores (un, varios ou Consello de Administración). Nas sociedades limitadas, poden nombrarse por tempo indefinido; nas anónimas, por un máximo de cinco años.

- O capital social divídese en partes, denominadas accións (sociedades anónimas) ou participacións sociais (sociedades limitadas). A súa transmisión sempre está restrinxida no caso das limitadas; no caso das anónimas, os socios poden decidir se é libre ou non.