II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
|
||
2.2 O empresario individual. | ||
2.2.4.2 Sociedades Unipersoais por cotas Desde 1997, a lei portuguesa permite a constitución dunha sociedade por cotas cun único socio, creándose así a figura de Sociedades unipersoais por cotas. Trátase dunha sociedade de natureza comercial constituída por un único socio, persoa singular ou colectiva, que detenta a totalidade do capital social. A sociedade unipersoal pode constituirse orixinariamente, ou ben pode resultar da concentración na titularidade dun único socio das cotas dunha sociedade. Unha persoa singular só pode ser socia dunha única sociedade unipersoal por cotas e esta sociedade non pode ter como socio único unha sociedade unipersoal por cotas. A constitución orixinaria da sociedade unipersoal por cotas debe ser formalizada en escritura pública. A concentración na titularidade dun único socio das cotas dunha sociedade efectúase mediante escritura de cesión das cotas que de lugar á concentración, na que o socio único declare a súa vontade de transforma-la sociedade en sociedade unipersoal por cotas ou por escritura autónoma. O capital mínimo para a constitución dunha sociedade unipersoal por cotas é de 5.000 euros (PTE 1.002.410). A denominación: debe estar formada pola expresión Çsociedade unipersoalÈ ou pola palabra ÇunipersoalÈ antes da palabra ÇLimitadaÈ ou a abreviatura ÇLdaÈ. ás sociedades unipersoais por cotas aplícanse as normas que regulan as sociedades por cotas, salvo as que presupoñan a pluralidade de socios. |