II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
2.2 O empresario individual.

2.2.4.3 O Establecemento Individual de Responsabilidade Limitada – E.I.R.L.

Toda persoa singular que exerza ou pretenda exercer unha actividade comercial, pode constituir ó efecto un establecemento individual de responsabilidade limitada (E.I.R.L.), a través da afectación dunha parte do seu patrimonio, debendo representar o seu valor o capital inicial do establecemento. Unha persoa só pode ser titular dun único E.I.R.L..

O E.I.R.L. constitúese por un socio único, que é o titular da totalidade do capital social, mediante escritura pública, onde debe constar:

- A denominación, sede, obxecto e capital do establecemento;
- A declaración de que se procede ó depósito das cuantías liberadas e de que fanse aportacións en especie, se as houbera;
- Nome, a nacionalidade, o domicilio do titular do establecemento, e incluso a denominación se a tivera;
- A data en que o establecemento inicia a súa actividade e o respectivo prazo de duración, se non fora constituído por tempo indeterminado;
- montante aproximado dos impostos ou taxas ás que estea suxeito o titular por mor da constitución do E.I.R.L.

O capital social non pode ser inferior a 5.000 euros, ou sexa, PTE 1.002.410. O capital será aportado en diñeiro, bens ou dereitos susceptible de embargo, non puidendo a parte en diñeiro ser inferior a dous tercios do capital mínimo.
A denominación indicará o nome do titular, acompañado ou non dunha referencia ó obxecto do comercio nel exercido, e incluirá sempre o texto «establecemento individual de responsabilidade limitada» ou a sigla «E.I.R.L.».

Un E.I.R.L. pode sempre transformarse en sociedade unipersoal por cotas.