II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
2.2 O empresario individual.

2.2.4.4 Contas en participación ou Asociación en participación

É unha relación contractual pola que unha persoa aporta capital no negocio de outra, sen que figure o seu nome ou razón frente a terceiros. Non require escritura pública nin inscrición no Rexistro Mercantil. Pode ser interesante para a financiación do empresario individual.

En Portugal, o asociado debe prestar ou obrigarse a prestar unha contribución de natureza patrimonial que, cando consista na constitución dun dereito ou na súa transmisión, debe ingresar no patrimonio do asociante, a menos que o asociado participe nas perdas, caso en que a contribución deste pode ser dispensada.

O aportante, que non intervén na xestión do negocio, participará nos posibles beneficios. No caso de perdas, perderá como máximo a cantidade aportada, non puidendo os acreedores dirixirse contra él.