ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional
2.2 O empresario individual.

2.2.4.5 Comunidade de bens (Espanha)

Aínda que non é unha forma xurídica propia do empresario individual, posto que require a concurrencia de máis dunha persoa, citámola na medida en que se utiliza en ocasións no tráfico xurídico, sendo ademáis rexistradas ante as autoridades tributarias e laborais. En realidade, unha comunidade de bens é unha situación na que un ou varios bens pertencen de forma conxunta e simultánea a varios titulares ou comuneiros, que teñen cotas iguais ou distintas. Sen embargo, nada se opón a que un negocio ou empresa poida ser obxecto de comunidade. Aínda que na comunidade de bens con actividade empresarial xurde unha situación que trascende a mera propiedade, non ten sen embargo ó contrario que as sociedades - personalidade xurídica. As comunidades de bens non se inscriben no Rexistro Mercantil.