II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional | ||
2.3 O profesional independente. | ||
Ademáis do que se di, neste mesmo manual, respecto ás obrigas fiscais e de Seguridade Social, é necesario advertir que certas actividades profesionais esixen, para o seu exercicio, dos seguintes requisitos: - Ter a homologación do título académico obtido noutro país. - Terse inscrito no Colexio correspondente (España) ou na Orden ou Cámara respectiva (Portugal). Remitímosnos nesta materia ó estudio, publicado polo Eures Galicia Norte de Portugal, Homologación de Títulos e Recoñecemento de Titulación a efectos Académicos e Profesionais. En calquer caso, é moi aconsellable consultar co Colegio, Orden o Cámara competente antes de inicia-lo exercicio dunha profesión noutro país, pois é quen mellor pode informar acerca de tódolos trámites necesarios (non debe esquecerse que certos Colexios esixen requisitos adicionais, como o abono de cotas de entrada e periódicas, a concertación de certos seguros, etc.) |