III. Trámites para o inicio da actividade empresarial ou profesional con establecemento permanente
|
||
3.10 Lexislación sobre compra ou alugamento de locais | ||
3.10.1. Compra. En España, a compra de inmobles pode facerse en documento privado ou en escritura pública. é aconsellable facela en escritura pública notarial porque aporta maior seguridade á operación e permite a súa inscrición no Rexistro da Propiedade, o que se traduce igualmente nunha maior seguridade frente a terceiros. Si un portugués desexa realizar unha compra en España, non é necesario que realice ningún trámite especial. En Portugal, a compra e venda de bens inmobles debe, baixo pena nulidade, efectuarse mediante escritura pública, estando suxeita a rexistro predial (de fincas) que deberá ser efectuado no Conservatorio do Rexistro predial da área da situación do inmoble. |