III. Trámites para o inicio da actividade empresarial ou profesional con establecemento permanente
|
||
3.10 Lexislación sobre compra ou alugamento de locais | ||
3.10.2. Alugamento. En España, o arrendamento de locais comercias está regulado na Lei de Arrendamentos Urbanos que, sen embargo, deixa un amplísimo marxen á autonomía da vontade das partes. Como cuestión digna de destacer, a Lei establece unha indemnización, como consecuencia da extinción por finalización do contrato, en favor dos arrendatarios das fincas nas que se exercera durante un mínimo de cinco anos unha actividade comercial de venda ó público. ó único requisito é que o arrendatario manifestara con catro meses de antelación á expiración do prazo a súa vontade de renova-lo contrato por un mínimo de cinco anos máis e por unha renda de mercado. En calquier caso, esa indemnización pode ser excluida por acordo das partes. Por tódolo dito ata agora, é moi importante que o contrato sexa redactado con grande precisión para evitar posibles problemas no futuro. Como no caso da compravenda, non se esixe ningún requisito especial ó cidadán portugués que desee arrendar un inmoble en España. En Portugal, o arrendamento non está suxeito a escritura pública en ningún caso, pero debe formalizarse en escritura privada. Non obstante, se é de duración superior a seis anos está suxeito a rexistro predial, que deberá efectuarse no Conservatoria do Rexistro predial da área de situación do inmoble. |