A poboación activa no 3º trimestre do 2000 era de 1.169.300 persoas en Galicia e na Rexión Norte de 1.849.300. Cabe destacar que das 2.767.900 persoas ocupadas na Euro-rexión durante o 3º trimestre do 2000 o 36% correspóndese a Galicia e o 64% traballa no Norte de Portugal.
Gráfico relativo á estructura da poboación por sectores.

Con referencia á distribución sectorial do emprego na Rexión Norte, o sector de maior peso é o secundario, sendo a industria textil, vestiario e calzado as actividades nas que traballa un maior número de persoas neste sector, seguidas pola construcción. As actividades do sector servicios que emplean a un mayor número de persoas nesta Rexión son o comercio ó por maior e ó por menor e a rama da hostelería.
En Galicia sector servicios é o que maior porcentaxe de población ocupada representa, sendo o comercio e a hostelería as actividades de maior importancia polo número de persoas empregadas, seguido polo sector secundario, no que a construcción é a actividade máis importante e polas industrias de productos alimenticios, bebidas e tabaco e a fabricación de material de transporte. Por outro lado, cabe sinalar que a agricultura e pesca continúan sendo para a comunidade galega un sector importante como xenerador de emprego, cun peso superior que na Rexión Norte.
Unha das maiores diferencias en canto o emprego que se poden apreciar entre ámbalas rexións correspóndese có volume de poboación desocupada, xa que a tasa galega prácticamente triplica á da Rexión Norte, así mentras en Galicia a tasa de paro do 3º trimestre do 2000 é de 14,4% (segundo o Instituto Galego de estadística-IGE), na Rexión Norte é do 4,4% (segundo o Instituto Nacional de Estadística portugués-INE).
|